Julián Muñoz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJulián Muñoz
Biografía
Nacemento(es) Julián Felipe Muñoz Palomo Editar o valor em Wikidata
24 de novembro de 1947 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
El Arenal, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Marbella
2 de maio de 2002 – 13 de agosto de 2003
← Jesús Gil y GilMarisol Yagüe Reyes → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesCachuli Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español (–1991)
Grupo Independiente Liberal (1991–2007) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Outro
CónxuxeMaría Teresa Zaldívar (1974–2003), divorcio
ParellaKarina Pau (en) Traducir (2009–2016)
Isabel Pantoja (2003–2006) Editar o valor em Wikidata
Condenado porSuborno
embezzlement of public funds (en) Traducir
Prevaricación Editar o valor em Wikidata

Julián Felipe Muñoz Palomo, nado en El Arenal (Ávila) o 24 de novembro de 1947, é un político español coñecido pola súa polémica xestión coma alcalde de Marbella e por ser a ex parella sentimental da cantante Isabel Pantoja.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Estivo afiliado ao PSOE antes de 1991 e xunto a Emilio Ureña e Sara Arias, cando entrou en política da man de Jesús Gil. O seu peso no Grupo Independiente Liberal foi aumentando co tempo, tras ser elixido concelleiro por Marbella no número seis da lista electoral en 1991, número tres nas de 1995 e número dous nas de 1999.[1]

En 2002, tras a dimisión de Jesús Gil por mor da súa implicación no denominado "Caso Camisetas", Muñoz pasou a desempeñar as funcións de alcalde de Marbella. Foi investido definitivamente como alcalde nun pleno celebrado o 2 de maio de 2002.[1]

Nas eleccións de maio de 2003, e tras ser a inhabilitación a Jesús Gil ratificada polo Tribunal Supremo, Muñoz presentouse como número un e candidato á alcaldía polo GIL, conseguindo a maioría absoluta (15 dos 27 membros da Corporación) co 47,09% dos votos e sendo reinvestido alcalde de Marbella o 14 de xuño.[2] O día 13 de agosto dese mesmo ano Muñoz perdeu a alcaldía tras unha moción de censura impulsada por un grupo de sete tránsfugas do GIL, sendo Marisol Yagüe elixida como nova alcaldesa.[3]

Caso Malaya[editar | editar a fonte]

Foi detido en xullo de 2006 na segunda fase do Caso Malaya, a trama de corrupción inmobiliaria e institucional máis importante destapada en España. Durante o tempo de prisión preventiva, Muñoz foi condenado en varios casos por suborno, malversación de fondos públicos e por prevaricación urbanística relacionada coa concesión de licenzas ilegais durante os gobernos municipais do Grupo Independiente Liberal (GIL).[4] Tras cumprir as tres cuartas partes destas condenas urbanísticas, e recibindo previamente a liberdade baixo fianza no caso Malaya, Muñoz saíu do cárcere o 17 de outubro de 2008 tras case 2 anos e medio entre reixas.

En 2013 foi condenado a sete anos e medio de cárcere e 10 anos de inhabilitación de desempeños públicos por prevaricación e absolto dos delitos de malversación de caudais públicos e o subsidiario ou alternativo de fraude.[5]

En outubro de 2013 foi condenado pola Audiencia Provincial de Málaga a 2 anos de cárcere e 16 de inhabilitación por delitos de fraude e prevaricación no marco do chamado Caso Malaya.[6]

Actualmente segue en prisión e atópase nun delicado estado de saúde. Sofre unha cardiopatía isquémica-hipertensiva, unida a unha diabetes mellitus tipo I e a un numeroso cadro de afeccións, entre elas unha arteriopatía. Nos últimos dous anos, viuse obrigado a visitar o hospital en 29 ocasións. A propia subdirectora médica da prisión informou de que o risco de morte de Muñoz a medio prazo (entre un e cinco anos) é superior ao 50% a pesar do tratamento e a asistencia médica continua.

Debido á grave deterioración da súa saúde foi inicialmente concedido o réxime penal de terceiro grao en agosto de 2015,[7] decisión xudicial que foi posteriormente anulada pola Audiencia de Málaga, ao considerar esta que Muñoz mantén «intacta» a súa «capacidade de delinquir».[8] Días despois, a Audiencia exímelle de acudir a todas as sesións do xuízo pola trama de corrupción «caso Fergocon», no que está imputado, debido ao seu estado físico.[9]

Vida privada[editar | editar a fonte]

Estaba casado en primeiras nupcias con Mayte Zaldívar, coa cal tivo dúas fillas; Eloísa e Elia Muñoz Zaldívar. No ano 2003 deixou á súa esposa e converteuse na parella sentimental de Isabel Pantoja, coa cal estivo ata 2006. Tanto Mayte como Isabel tamén foron condenadas no Caso Malaya. Máis tarde volveu atopar o amor con Karina Pau, con quen estivo dende 2009 até 2016.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Os edís de Marbella votan hoxe a investidura de Julián Muñoz como substituto de Gil na alcaldía". El País. 2 de maio de 2002. Consultado o 2 de setembro de 2015. 
  2. "O GIL volve triunfar". El País. 25 de maio de 2003. Consultado o 2 de setembro de 2015. 
  3. "Marisol Yagüe, nova alcaldesa de Marbella logo de prosperar a moción contra Julián Muñoz". La Vanguardia. 13 de agosto de 2003. Consultado o 2 de setembro de 2015. 
  4. "Prisión incondicional para o ex-alcalde de Marbella Julián Muñoz pola 'operación Malaya'". El Mundo. 21 de xullo de 2006. Consultado o 2 de setembro de 2015. 
  5. Julián Muñoz, condenado a un ano de cárcere por prevaricación.
  6. "Julián Muñoz, condenado a 2 anos de prisión no caso Malaya". La Vanguardia. 4 de outubro de 2013. Consultado o 2 de setembro de 2015. 
  7. "Conceden o terceiro grao a Julián Muñoz polo seu estado de saúde". El Mundo. 4 de agosto de 2015. Consultado o 2 de setembro de 2015. 
  8. "Anulan o terceiro grao a Julián Muñoz porque ten capacidade de delinquir". ABC. 29 de agosto de 2015. Consultado o 2 de setembro de 2015. 
  9. "A evidente deterioración da saúde de Julián Muñoz". ABC. 2 de setembro de 2015. Consultado o 2 de setembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Jesús Gil y Gil

Alcalde de Marbella

2002-2003
Sucesor:
Marisol Yagüe