Julio Carballo Enríquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Julio Carballo Enríquez
Nacemento1861
 Ourense, Galicia Galiza
Falecemento26 de maio de 1928
 Buenos Aires, Flag of Argentina.svg Arxentina
NacionalidadeGalicia Galego
OcupaciónAvogado e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Julio Carballo Enríquez, nado en Xinzo de Limia o 9 de outubro de 1861 e finado en Buenos Aires o 26 de maio de 1928[1], foi un avogado e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato e Peritaxe Mercantil en Ourense. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, gañou en 1888 a praza de catedrático de Dereito Administrativo e Economía Política da Universidade de San José de Costa Rica. Alí exerceu como redactor da revista xudicial El Foro. En 1891 regresou a Ourense, dedicouse á avogacía, obtivo o cargo de tenente fiscal da Audiencia Provincial e ingresou no Partido Republicano. Dirixiu o semanario La República. En 1910 marchou a Buenos Aires como correspondente de Vida Gallega e Noticiero de Vigo. Traballou como redactor en La Nación e colaborou en Acción Gallega, Suevia e Correo de Galicia. Vinculado á Casa de Galicia, foi membro do comité antiforal de Buenos Aires e fundou a agrupación antiforal A Terra.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Xinzo de Limia en 1885 con Adela Romero Peláez, e foi pai de Julio Carballo Romero.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Correo de Galicia, 3-6-1928, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]