Jules Cambon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jules Cambon
Jules Cambon.jpg
Nacemento5 de abril de 1845
 París
Falecemento19 de setembro de 1935
 Vevey
NacionalidadeFrancia
Ocupacióndiplomático, banqueiro e avogado
IrmánsPaul Cambon
PremiosGran cruz da Lexión de Honor
editar datos en Wikidata ]

Jules-Martin Cambon, nado en París o 5 de abril de 1845 e finado en Vevey (Suíza) o 19 de setembro de 1935, foi un diplomático francés e irmán de Paul Cambon. Como embaixador ante Alemaña entre 1907 e 1914, traballou para lograr a amizade entre ambos países. Os seus intentos quedaron frustrados por líderes franceses como Raymond Poincaré, que decidiron que Berlín trataba de debilitar a Tripla Entente de Francia, Rusia e Gran Bretaña e que non eran sinceros na súa busca da paz. O consenso francés era que a guerra era inevitable.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jules Cambon asinando o Tratado de París de 1898.

Comezou a súa carreira como avogado (1866), serviu na guerra franco-prusiana e integrouse no servizo civil en 1871. Foi prefecto do departamento de Norte (1882) e do Ródano (1887-1891), e en 1891 foi designado Gobernador Xeral de Arxelia, onde servira xa en postos de menor relevancia en 1874.[3]

Foi nomeado embaixador de Francia en Washington D. C. en 1897, e nesa condición traballou na preparación dos documentos preliminares para o acordo de paz entre España e Estados Unidos trala guerra hispano-estadounidense de 1898. Foi un dos que contribuíron á firma do Tratado de París de 1898. O seu traballo nas negociacións permitiu fortalecer as relacións políticas entre España e Francia.[4]

En 1902 foi nomeado embaixador en Madrid, e en 1907 en Berlín, onde permaneceu ata o inicio da primeira guerra mundial en 1914. Durante o conflito foi xefe da sección política do Ministerio de Asuntos Exteriores francés. Foi membro da Academia Francesa. O seu irmán, Paul, foi tamén un notable diplomático.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. John Keiger, "Jules Cambon and Franco-German Détente, 1907–1914." Historical Journal 26.3 (1983): 641-659.
  2. John Keiger, France and the Origins of the First World War (1985) pp 68-81.
  3. Tabouis, 1938
  4. Offner, 1983.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cambon, Jules (1903). France and the United States: Essays and Addresses. 
  • Keiger, John (1983). ""Jules Cambon and Franco-German Détente, 1907–1914."". Historical Journal 26.3: 641–659. 
  • Offner, John (1983). ""The United States and France: Ending the Spanish–American War."". Diplomatic History 7.1: 1–22. 
  • Tabouis, Genevieve R. (1938). The Life of Jules Cambon. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]