Juan de la Cruz García Coco
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Juan de la Cruz García Coco | |
---|---|
Juan de la Cruz García Coco, nado en Zamora cara a 1903 e finado en Alcabre (Vigo) o 22 de decembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Ferroviario, veciño de Vigo. Irmán de Amador García Coco. Foi vogal do Consejo Obrero Ferroviario del Oeste.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi asasinado polos franquistas na praia de Alcabre o 22 de decembro de 1936 con Antonio Barredo Rodríguez, Constantino Pérez Durán, Eloy Fernández Alonso, Joaquín Álvarez Piña, Matías González Montero e José Moralejo Santos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Álvarez Castro, Xosé (2019). "Sindicalistas en Vigo (e 2)"
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Juan de la Cruz García Coco na páxina web Nomes e Voces.