Constantino Pérez Durán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaConstantino Pérez Durán

Constantino Pérez Durán, nado en Caldas de Reis cara a 1905 e finado en Alcabre (Vigo) o 22 de decembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ferroviario, veciño de Vigo. Foi vogal do Consejo Obrero Ferroviario del Oeste.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi asasinado polos franquistas na praia de Alcabre o 22 de decembro de 1936 con Antonio Barredo Rodríguez, Juan de la Cruz García Coco, Eloy Fernández Alonso, Joaquín Álvarez Piña, Matías González Montero e José Moralejo Santos.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Coia con Concepción Pérez Borrajo en xuño de 1934.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Álvarez Castro, Xosé (2019). "Sindicalistas en Vigo (e 2)"
  2. El Pueblo Gallego, 1-7-1934, p. 8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]