Amador García Coco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Amador García Coco
Falecemento25 de outubro de 1940
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
IrmánsJuan de la Cruz García Coco
editar datos en Wikidata ]

Amador García Coco, finado en Vigo o 25 de outubro de 1940, foi un guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Veciño de Lavadores. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. O seu irmán Juan de la Cruz García Coco foi asasinado polos franquistas na praia de Alcabre o 22 de decembro de 1936. Foi detido en 1940 e procesado en xullo por rebelión militar na causa 357/40 do Xulgado Militar de Vigo con Guillermo Santos Caride e Manuel Rodríguez Fernández, acusados dun atraco na estrada da Ramallosa a Baiona.[1] Xulgado en consello de guerra, foi condenado a morte. Foi fusilado en Vigo o 25 de outubro de 1940.[2] En agosto de 1941 abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Requisitoria, El Pueblo Gallego, 16-6-1940, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 26-10-1940, p. 2.
  3. El Compostelano, 1-8-1941, p. 2.