Saltar ao contido

Juan de Arespacochaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan de Arespacochaga

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Juan de Arespacochaga y de Felipe Editar o valor en Wikidata
27 de xaneiro de 1920 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de outubro de 1999 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Representante da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: España

25 de abril de 1983 – 21 de marzo de 1990
Procurador en Cortes
12 de xullo de 1976 – 30 de xuño de 1977
← Miguel Ángel García-Lomas
Alcalde de Madrid
1976 – 1978
← Miguel Ángel García-LomasJosé Luis Álvarez →
Senador de España
Deputado no Congreso dos Deputados
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónEscola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canales e Portos de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndiplomático, enxeñeiro de camiños, político, economista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoAlianza Popular (1977–1989)
Reforma Democrática (1976–1977) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

BNE: XX1181765

Juan de Arespacochaga y de Felipe, nado en Madrid o 27 de xaneiro de 1920 e finado na mesma cidade o 1 de outubro de 1999 foi un enxeñeiro e político español

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Madrid, no seo dunha familia oriúnda de Biscaia. Era doutor enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos pola Escola de Madrid.

En 1949 incorporouse aos Servizos Hidráulicos do Estado, onde dirixiu as obras da presa de El Vado, na Provincia de Guadalaxara, para o abastecemento de auga a Madrid. En 1958 xa era xefe do gabinete de Estudos Hidráulicos do Ministerio de Obras Públicas. Posteriormente foi nomeado director xeral de Promoción do Turismo e presidente da Empresa Nacional de Turismo de España. En 1971 foi designado procurador nas Cortes franquistas en representación das grandes cidades españolas. En 1976 é ademais nomeado alcalde de Madrid en substitución de Miguel Ángel García-Lomas Mata.

Sendo alcalde, foi ademais designado polo rei Xoán Carlos I como senador, onde se integrou no grupo mixto. Afiliouse a Reforma Democrática, formación que posteriormente se integrou en Alianza Popular, foi relevado da alcaldía en 1978 e substituído por José Luis Álvarez. Non se presentou ás eleccións de 1979 ao Senado, pero si en 1982, cando foi elixido senador pola coalición AP-PDP. Voceiro do Grupo Parlamentario Popular do Senado, en 1983 foi designado membro da delegación parlamentaria española no Consello de Europa. Presidente do consello político de Alianza Popular, e situado no seu sector máis conservador, foi reelixido senador por Madrid en 1986.

Publicou Galicia, esa península. Editora Nacional, Colección Ateneo, 1967.