Juan Varela Bouza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Varela Bouza
Biografía
Nacemento1912 Editar o valor em Wikidata (111/112 anos)
Miño, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsAmelia Varela Bouza e José Varela Bouza Editar o valor em Wikidata

Juan Varela Bouza, nado en Bañobre (Miño) cara a 1912, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Irmán de Amelia e José Varela Bouza. Foi acusado de executar o incendio da igrexa de Santa María de Castro o 10 de abril de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 abríuselle causa por deserción na que se certificaba que desapareceu do seu domicilio nos primeiros días de xullo. O 11 de agosto de 1937 conseguiu fuxir na lancha pesqueira "La Golondrina" xunto con Ricardo Pérez Medín e outros nove compañeiros e logrou chegar a Francia.Abríuselle causa en Ferrol por rebelión militar (sustración da motora Golondrina),[1] e foi declarado fuxido e en rebeldía. As autoridades devolvéronos pola fronteira de Cataluña e chegaron a Barcelona o 17 de setembro. Incorporouse ao exército leal. Coa derrota da República foi detido. Estivo varios anos en prisión. Morreu a principios dos anos sesenta no máis absoluto abandono.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]