Amelia Varela Bouza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAmelia Varela Bouza
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor em Wikidata (115/116 anos)
Bañobre, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsJuan Varela Bouza e José Varela Bouza Editar o valor em Wikidata


Amelia Varela Bouza, nada en Bañobre (Miño) en 1908, foi unha política galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Irmá de Juan e José Varela Bouza. Durante a II República participou nos actos políticos de esquerda en Miño. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida e procesada na causa 318/38 contra o seu curmán Manuel Tenreiro Mosquera e outros. Foi xulgada en consello de guerra en Ferrol o 12 de maio de 1939, acusada de encubridora do delito de rebelión militar e condenada a seis anos e un día de prisión. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas e foi sancionada polo Tribunal con 1.000 pesetas o 14 de outubro de 1940. Os seus bens foron embargados. Estivo presa no campo de concentración de Saturrarán. Foi posta en liberdade en agosto de 1941. Ao saír da prisión marchou a Madrid, onde traballou de criada. Morreu a finais da década de 1980.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]