José Varela Bouza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Varela Bouza

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1910 Editar o valor em Wikidata
Bañobre, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de marzo de 1938 Editar o valor em Wikidata (27/28 anos)
Perbes, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesPepe o Lobo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsAmelia Varela Bouza e Juan Varela Bouza Editar o valor em Wikidata

José Varela Bouza, coñecido como Pepe o Lobo, nado en Bañobre (Miño) en 1910 e finado en Perbes o 29 de marzo de 1938, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante da CNT e do PCE de Miño. Foi acusado de executar o incendio da igrexa de Santa María de Castro o 10 de abril de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Abriron varias causas contra el. Xulgado na Coruña o 13 de novembro de 1937 acusado de rebelión militar na causa 921/37,[1] foi condenado a pena de morte o 18 de novembro. Preso no castelo de Santo Antón agardando o cumprimento da condena, fuxiu da cadea o 28 de xaneiro de 1938 logrando chegar a nado á praia do Naval. Agochouse preto da súa casa de Bañobre, pero foi descuberto polos falanxistas e a Garda Civil que o mataron en Perbes o 29 de marzo de 1938 xunto con José María Blanco Barros.[2]

A súa muller Manuela López Cabana foi detida e procesada por auxilio á rebelión.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 14-11-1937, p. 4.
  2. El Compostelano , 2-4-1938, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]