Juan Suárez Acevedo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1918 Ribadeo, España |
Morte | 26 de setembro de 2011 (92/93 anos) Ribadeo, España |
Catedrático | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | historiador |
Lingua | Lingua castelá |
José Juan Suárez Acevedo, nado en Ribadeo en 1918 e finado na mesma localidade o 26 de setembro de 2011, foi un historiador de Ribadeo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Intelectual e profesor de Historia formado na Institución Libre de Enseñanza (ILE) foi Catedrático de Instituto. A súa tesiña levou por título: "A Comarca Ribadense escenario da vida e da obra do Marqués de Sargadelos". A partir de 1948 imparte aulas na Academia Santo Tomás de Aquino de Ribadeo, até o ano 1955, no que pasou a dar clase de xeografía e historia no Instituto Carlos María Rodríguez de Valcárcel (actual IES Dionisio Gamallo Fierros). Na súa ampla actividade como intelectual e historiador, ten publicado en diarios e revistas especializados.
A súa vida deu pé á entrevista polo Proxecto Nomes e Voces no ano 2006, nunha conversa acerca das súas lembranzas e vivencias no marco da Segunda República e posterior Golpe de Estado en Ribadeo a partir de 1936.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Falece o intelectual ribadense José Juan Suárez Acevedo" Arquivado 19 de agosto de 2016 en Wayback Machine., no blog de Nomes e Voces.
- "In memoriam dun educador", artigo de Roberto Rodríguez en La Voz de Galicia.
- "Lembrando a Juan Suárez Acevedo", artigo de Eduardo Gutiérrez en El Progreso.
- Artigo de D.Juan sobre o nacemento do Instituto de Ribadeo.Arquivado 02 de setembro de 2019 en Wayback Machine.