Juan Romero Montesinos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xullo de 1899 Madrid, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | avogado, funcionario, xuíz |
Partido político | Izquierda Republicana |
Juan Romero Montesinos, nado en Madrid o 19 de xullo de 1899, foi un avogado e funcionario español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Juan Romero e Teresa Montesinos. Funcionario de Correos dende 1916. Licenciado en Dereito en 1929. Foi administrador da estafeta de Correos de Éibar e membro do Ateneo de Donostia. En 1934 foi trasladado á estafeta de Pontevedra.[1] Exerceu como avogado na Audiencia de Pontevedra.[2] Impartiu conferencias en Pontevedra, Vigo e Marín.[3][4][5][6] En novembro de 1935 participou nos mitins de Vilalonga con Elpidio Villaverde e Castelao,[7] e Samieira con Ramón de Valenzuela, Amancio Caamaño e José Echeverría Novoa. Foi elixido presidente da agrupación de Izquierda Republicana de Pontevedra en xaneiro de 1936.[8]
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado e destituído so servizo en agosto.[9][10] Pasou a territorio leal e foi xuíz de instrución de Segorbe. Foi detido, xulgado en Valencia por adhesión á rebelión e condenado en consello de guerra o 10 de novembro de 1939 a 30 anos de reclusión maior. Estivo preso na Prisión Central de San Miguel de los Reyes, de onde saíu en liberdade condicional en 1943.[11] En 1948 colexiouse como avogado en Madrid e volveu exercer a avogacía.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Isabel Napal Mur.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 6-9-1934, p. 11, 12.
- ↑ El Pueblo Gallego, 2-12-1934, p. 14.
- ↑ El País, 20-4-1935, p. 1.
- ↑ El Pueblo Gallego, 5-6-1935, p. 2.
- ↑ El País, 29-6-1935, p. 4.
- ↑ El Pueblo Gallego, 6-7-1935, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 9-11-1935, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 18-1-1936, p. 13.
- ↑ El Pueblo Gallego, 16-8-1936, p. 7.
- ↑ El Pueblo Gallego, 19-8-1936, p. 7.
- ↑ BOE, 23-8-1943, p. 8185.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Mera Covas, Roberto (2021). Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos. Vigo: Belagua Ediciones. ISBN 978-84-121433-8-6. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2022. Consultado o 18 de maio de 2022.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Expedientes personales de colegiados. Romero Montesinos, Juan. Archivo Histórico del Ilustre Colegio de Abogados de Madrid.