Juan Pérez Creus
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de abril de 1912 La Carolina, España |
Morte | 1999 (86/87 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Juan Pérez Creus, nado en La Carolina (Xaén) o 28 de abril de 1912 e finado en Madrid en abril de 1999, foi un escritor español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi mestre en La Linea de la Concepción. Participou na Guerra civil española como comisario político do goberno republicano, resultando ferido dúas veces. Licenciouse en Filosofía e marchou traballar a París, en organismos internacionais. De regreso a Madrid, ingresou no Corpo Técnico de Publicacións do Ministerio de Traballo e publicou poesías satíricas, primeiro no diario Arriba, co pseudónimo de Maese Pérez e despois nos semanarios Interviú e Sábado Gráfico, asinando, respectivamente, El Satiricón e Pájaro Pinto.
Nunca visitou Galicia, nin frecuentou amizade de escritores en lingua galega.[1] Coñeceu o galego a través da lírica medieval e escribiu nesta lingua os libros de poemas As canciós d’ise amor que se diz olvido (1951) e As derradeiras pombas do serán (1988).
Obras[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Poemas del Sur, 1932.
- As canciós d'ise amor que se diz olvido, 1951.
- Las coplas de Maese Pérez, 1973.
- Los Cantos de Montenegro, 1981.
- Molino de viento (Molino de recuerdos), 1984.
- Los hilos del recuerdo, 1987.
- As derradeiras pombas da serán, 1988.
- Romancerillo de la 92 brigada, 1989.
- Sonetario del desván, 1991.
Narrativa[editar | editar a fonte]
- Boletín del Parnaso.
- Cartas del tío Prudencio.
- El loto de mil pétalos (La India Milenaria).
Ensaio[editar | editar a fonte]
- El poeta también va al fútbol.
- Los intereses glósicos en la primera infancia
- Orientación y selección profesional, 1947.
- África 1966, 1966.
- A través de la fe llegó la vida, 1998.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Mendez Ferrín 1984.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Pérez Creus, Juan". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
- Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra. Edicións Xerais de Galicia. pp. 106–107. ISBN 84-7507-139-2.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.