Juan Norat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan Norat
Juan Norat LIGA 69 70.jpg
Nacemento1 de decembro de 1944
Lugar de nacementoPortonovo
Falecemento19 de decembro de 2021
Lugar de falecementoPortonovo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfutbolista
editar datos en Wikidata ]

Juan Norat Pérez, nado en Portonovo (Sanxenxo) o 6 de decembro de 1944 e finado na mesma vila o 19 de decembro de 2021, foi un futbolista galego. Xogaba como centrocampista.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xogador na súa mocidade do Portonovo, en 1963 foi xogar co Pontevedra CF[2], un club que naquel ano ascendera a primeira división. Xogou co Pontevedra seis anos anos en primeira (1965-1970), e unha en segunda división (1964-65). A temporada 70/71 disputouna co CD Ourense[1], pero regresou ao Pontevedra que competía nese momento en Segunda, onde botou catro temporadas, dúas en terceira división, e dúas máis en Segunda B, que se acababa de crear naquela altura.

Despois de deixar ao fútbol foi empresario. A súa familia[3] é moi coñecida en Portonovo e ten empresas de pesca, hostalaría, etc.[4] O fillo, Juan Norat Estévez, é adestrador de baloncesto.

Clubs[editar | editar a fonte]

Club Ano
Pontevedra C.F. 1964-1970
CD Ourense 1970-1971
Pontevedra C.F. 1971-1979

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Ficha de Norat en BDFutbol.com. Consultado en xaneiro de 2017
  2. "O Pontevedra perde a un histórico co falecemento en Portonovo de Juan Norat". Pontevedra Viva. Consultado o 2021-12-20. 
  3. "Necrolóxica de Juan Norat Pérez". Pontevedra Viva. Consultado o 20/12/2021. 
  4. Moledo Ucha, Alba. "Fallece José Antonio Norat Pérez Uhía, propietario del Grupo Norat". Diario de Pontevedra. Consultado o 20/12/2021.