Juan Nepomuceno de Orbe y Mariaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan Nepomuceno de Orbe y Mariaca
Marques de valde-espina.jpg
Nome completoJuan Nepomuceno de Orbe y Mariaca
Nacemento2 de maio de 1817
 Ermua
Falecemento21 de abril de 1891
 Ermua
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico, militar e aristócrata
PaiJosé María de Orbe y Elío
FillosJosé María de Orbe y Gaytán de Ayala e Cándido de Orbe y Gaitán de Ayala
editar datos en Wikidata ]

Juan Nepomuceno de Orbe y Mariaca, nado en Ermua2 de maio de 1817, e finado en ibídem o 21 de abril de 1891, foi o cuarto marqués de Valde-Espina (1850-1891) e un político e militar vasco.

Biografía[editar | editar a fonte]

Único fillo do mariscal de campo carlista José María de Orbe y Elío que chegou a idade adulta. Durante a súa mocidade loitou ás ordes do seu pai nas súas campañas durante a Primeira Guerra Carlista. Tras o Convenio de Bergara de 1839, que o marqués de Valde-Espina non aceptou, exiliouse co seu pai en Francia. Tiña 22 anos de idade e alcanzara o grao de comandante. Á morte do seu pai en 1850 convértese en marqués de Valdespina e herda o papel relevante que este tivera no movemento carlista.

O marqués de Valde-Espiña (81), sentado á esquerda de Carlos VII, na Xunta de Vevey. Suíza, 1870.

En 1860 participa no errado Alzamento carlista de San Carlos da Rápita. Tras a Revolución de 1868 que derroca á raíña Isabel II de España pasa a ocupar un posto político relevante no carlismo vasco. En 1871, é elixido senador por Biscaia representando ao carlismo (Comuñón Católico-Monárquica) durante o Sexenio Democrático. Pouco despois, primeiro en 1872 e logo en 1873 alzouse en armas apoiando o carlismo durante a Terceira Guerra Carlista (coñecida como Segunda Guerra Carlista no País Vasco). Durante esta guerra foi xefe do estado maior carlista. Chegou a ser comandante xeral de Biscaia e tenente xeral. Ó acabar a guerra en 1876 volveu exiliarse en Francia. Regresou de novo a España en 1880, converténdose no xefe político do carlismo no País Vasco e Navarra.

En 1891, pouco antes da súa morte, o pretendente carlista Carlos María de Borbón e Austria-Leste nomeouno a título honorífico capitán xeral. Juan Nepomuceno de Orbe tivo dous fillos, José María e Cándido María, que foron tamén destacadas figuras do carlismo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gaytán de Ayala Artázcoz, Antonio. Parientes mayores de Guipúzcoa: señores del palacio casa-fuerte de Murguía en Astigarraga. Revista Internacional dos Estudos Vascos = Revue Internationale des Etudes Basques, Eusko Ikaskuntza, París 1934.