Juan Mauricio Soler Hernández
(2007) | |||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 14 de xaneiro de 1983 (41 anos) Ramiriquí, Colombia | ||||||||||||||||||||||
Altura | 186 cm | ||||||||||||||||||||||
Peso | 71 kg | ||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||
Ocupación | ciclista | ||||||||||||||||||||||
Deporte | ciclismo en ruta | ||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Escalador | ||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||
2011 | UCI World Tour de 2011 (pt) (168º) | ||||||||||||||||||||||
2009 | UCI World Ranking de 2009 (pt) (247º) | ||||||||||||||||||||||
2009 | UCI Europe Tour de 2008-2009 (pt) (101º) | ||||||||||||||||||||||
Tour de Francia |
Juan Mauricio Soler Hernández, máis coñecido como Mauricio Soler, nado o 14 de xaneiro de 1983 en Ramiriquí, no departamento de Boyacá, é un exciclista profesional colombiano. Pertenceu ao equipo Barloworld do circuíto ciclista UCI Professional Continental. En 2010 ficha polo Caisse d'Epargne, que desde 2011 pasou a denominarse Movistar Team. Un accidente que sufriu ese mesmo ano na Volta a Suíza forzou a súa retirada do ciclismo profesional.[1]
Carreira deportiva
[editar | editar a fonte]Soler empezou a correr con 17 anos dirixido inicialmente por Plino Casas o seu primeiro adestrador, logo pasou a mans do adestrador Marco Tulio Ruiz no equipo Salsumba no seu primeiro ano de xuvenil. No segundo ano de xuvenil pasa a mans do adestrador Serafin Bernal co equipo Chocolate Sol onde consegue o primeiro lugar da Vuelta al Porvenir superando a súa actuación do ano anterior na cal foi terceiro co seu equipo Salsumba dirixido por Marco Tulio Ruiz. Foi anos despois de conseguir gañar unha carreira na súa cidade de Ramiriquí cando pensou en convertirse en ciclista profesional. Antes, Soler pasou un ano correndo no seu país natal Colombia, e ao pouco tempo uniuse ao equipo Acqua & Sapone que estaba dirixido por Claudio Corti. Ao ano seguinte, en 2007, marchou ao Barloworld co mesmo Corti. En Colombia participou no equipo Chocolate Sol que representaba ao departamento de Boyacá para logo ser contratado polo equipo Orbitel, dirixido por Raúl Mesa.[2]
Competiu no Tour de Francia por primeira vez en 2007, e logrou unha vitoria na novena etapa ao atacar no Col del Galibier. Amais, gañou nese mesmo Tour de Francia o Premio da montaña e rematou onceavo na clasificación xeral final con tan só 24 anos de idade. Soler declarou "foi unha vitoria chegada do ceo, é a máis importante da miña vida, e no meu primeiro Tour de Francia. Non cría que puidese chegar tan pronto".[3]
Un mes máis tarde, Soler continuou a súa racha gañadora terminando na primeira posición xeral da Volta a Burgos, cunha vitoria de etapa sobre o ciclista español Alejandro Valverde, favorito para o triunfo xunta el, por tan só dous segundos. Soler demostrou unha melloría notable nas probas de contra o reloxo ao remataren cuarto na penúltima etapa deste tipo onde se decidía o virtual campión da Volta ao día seguinte. No previo Tour de Francia, comentara que só necesitaba mellorar naquel aspecto para conseguir o seu soño de gañar a maior competencia do ciclismo.
En 2011, foi parte do Movistar Team que disputou a Volta a Suíza. O 12 de xuño adxudicouse a segunda etapa entre Airolo to Crans e Montana de 149 km en chegada no alto, cunha vantaxe de 12 segundos sobre Damiano Cunego e Fränk Schleck enfundándose así o maillot de líder parcial da volta.
Accidente
[editar | editar a fonte]O 16 de xuño de 2011, durante a sexta etapa da Volta a Suíza sufriu unha grave caída que lle provocou un "traumatismo craneoencefálico serio",[4] ademais de sufrir múltiples fracturas e hematomas.[5] En horas posteriores ao accidente foi inducido a estado de coma artificial.[6]
Tras tres semanas internado en Suíza, e grazas á lenta melloría que experimentou, o 9 de xullo puido ser trasladado a España, á Clínica Universitaria de Navarra para continuar coa súa recuperación.[7] Foi dado de alta o 14 de outubro e seguiu rehabilitándose en casa. O 20 de decembro recibírono en Colombia como ídolo os seus seguidores e familia. Na Clínica Universidad de la Sabana de Chía (Cundinamarca), traballou na súa recuperación.
Soler regresou a España o 10 de abril de 2012 para continuar co seu tratamento médico na Clínica de Navarra, á que asistiu grazas a unha póliza de seguro. O propósito da viaxe era confirmar se podería volver competir, mais o diagnóstico do seu neurólogo e do corpo médico foi contundente: "Mauricio está moi ben despois de tan grave accidente, pero o esforzo de volver ao ciclismo de alto nivel xeraría unha grande presión cerebral que lle sería fatal. Iso sen contar coa posibilidade doutra caída." O 20 de xullo de 2012, anunciou a súa retirada definitiva.
Na actualidade, Mauricio vive en Ramiriquí e segue a tratarse e xa tivo un gran avance polo que é capaz de montar en bicicleta e trotar (con moita precaución e a un ritmo controlado). En homenaxe, conta cun monumento construído con ferramentas agrícolas no parque central do municipio, que o conmemora polos seus logros como corredor profesional.
Palmarés
[editar | editar a fonte]2001
- Vencedor da Vuelta del Porvenir de Colombia
2003
- Gañador da 1ª etapa da Vuelta de la Juventud de Colombia
2004
- Vuelta de la Juventud de Colombia, gañador dunha etapa
2005
- Gañador da 1ª etapa da Vuelta a Colombia
2006
- Circuit de Lorraine, gañador dunha etapa
2007
- Premio da Montaña do Tour de Francia e gañador dunha etapa
- Volta a Burgos, gañador dunha etapa
2011
- Gañador da 1ª etapa da Volta a Suíza
Resultados nas Grandes Voltas
[editar | editar a fonte]Carreira | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 |
---|---|---|---|---|---|---|
Giro de Italia | - | - | Ab. | Ab. | - | - |
Tour de Francia | - | 10º | Ab. | - | - | - |
Vuelta a España | - | - | - | - | - | - |
Equipos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mauricio Soler le dice adiós al ciclismo de competencia". Colombia.com. 18 de xullo de 2012. Consultado o 20 de xullo de 2013.
- ↑ "Soler's dream come true with Tour stage win". EITB24. 17 de xullo de 2007.
- ↑ "Colombian rookie wins stage nine of the Tour de France" (en inglés). Monsters and Critics. 17 de xullo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2007. Consultado o 09 de febreiro de 2021.
- ↑ "Soler sufre un traumatismo craneoencefálico severo". El País (España). 16 de xuño de 2011.
- ↑ "Mauricio Soler está en cuidados intensivos". www.elpais.com.co. Consultado o 2021-05-15.
- ↑ "Mauricio Soler, en coma artificial tras grave caída en Vuelta a Suiza". El Tiempo. 16 de xuño de 2011.[Ligazón morta]
- ↑ "Mauricio Soler trasladado a España para continuar con su recuperación". Esciclismo. 9 de xullo de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juan Mauricio Soler Hernández |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mauricio Soler en ProCyclingStats.
- Ficha persoal no sitio web oficial do equipo Barloworld.
- Palmarés en Trap-Friis.dk.
Predecesor: Michael Rasmussen |
Campión da montaña no Tour de Francia 2007 |
Sucesor: Carlos Sastre |