Saltar ao contido

Juan Martínez de Recalde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Martínez de Recalde

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1540 Editar o valor en Wikidata
Bilbao, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de outubro de 1588 Editar o valor en Wikidata (47/48 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
LealdadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Rama militarArmada Española Editar o valor en Wikidata
Rango militaralmirante Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra anglo-española de 1585-1604
Crise de sucessão de 1580 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosJuan Fernández de Recalde Editar o valor en Wikidata

Juan Martínez de Recalde Larrinaga, nado en Bilbao en 1540 e finado na Coruña en 1588, foi un almirante español do século XVI.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa vocación mariñeira fíxoo navegar desde moi novo na Escuadra de Biscaia, para máis tarde escoltar tres frotas de Indias, logrando neste período gran fama ao rescatar un galeón cargado de ouro na illa de Madeira. Polos seus méritos recibiría o mando supremo da Frota de Laredo.

Do mesmo xeito que Miguel de Oquendo, do que era amigo e compañeiro, o seu destino estivo pronto unido á figura do almirante Álvaro de Bazán, sendo acollido baixo o seu mando durante as expedicións á illa Terceira de 1582 e 1583. Así mesmo foille entregada a autoridade da expedición a Irlanda fronte ás ambicións británicas, logrando un importante desembarco de homes.

Álvaro de Bazán, almirante da frota que invadiu a illa Terceira.

Xa en 1587 estábase preparando a invasión de Inglaterra. Tras o nomeamento supremo do duque de Medina-Sidonia para aquela invasión, Martínez de Recalde asumiu o rango de almirante da Frota de invasión, o corazón da Invencible. Con todo, aínda que a responsabilidade recaeu no material sobre el, non puido facer valer a maioría das súas decisións ante Medina-Sidonia, véndose arrastrado a combates moi difíciles sen apoio táctico. Na refrega inicial cos ingleses de xullo de 1588, achándose na retagarda da Frota, quedou illado e non tivo máis remedio que baterse con denuedo* contra varios navíos inimigos. Saíu da acción vivo e sen ser capturado, pero lle custou perder numerosos homes e a case inutilidade das súas naves. Ata a dispersión da Escuadra, Recalde mantívose firme ao longo de toda a campaña sobre as costas de Inglaterra. Durante a singradura última recalou primeiro en Irlanda, dirixíndose máis tarde á Coruña, ferido e con graves febres. Neste porto fondeou a súa frota e a súa propia vida, falecendo aos poucos días de arribar.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Enciclopedia General del Mar. Ediciones Garriga, Barcelona, 1957.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]