Miguel de Oquendo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Miguel de Oquendo
Miguel de Oquendo.jpg
Miguel de Oquendo y Domínguez de Segura
Nacemento1534
 Donostia País Vasco País Vasco
Falecemento1588
 Pasaia País Vasco País Vasco
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmariño e oficial
FillosAntonio de Oquendo
editar datos en Wikidata ]

Miguel de Oquendo y Domínguez de Segura[1], nado en Donostia en 1534 e finado en Pasaia (Guipúscoa) en 1588[1], foi un Almirante da mariña española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi pai do tamén almirante Antonio de Oquendo y Zandátegui, iniciando unha dinastía naval que perduraria varias xeracións.

En 1575 participou cunha nave da súa propiedade na xornada de Orán. En 1582 participou como capitán xeneral da escuadra de Guipúscoa na Batalla da Illa Terceira ás ordes de Álvaro de Bazán. Nesta batalla rendeu a Almirante Francesa, pondo nela a súa bandeira e apoderándose da inimiga como trofeo. En 1583 tomou parte no desembarco e conquista da Illa Terceira, recoñecendo primeiro a costa para determinar o lugar de desembarco e dando apoio naval ás operacións.

En 1588 canda a Recalde foi nomeado tenente da Armada Invencible, para complementar os poucos coñecementos mariñeiros do Duque de Medina Sidonia. Tras a derrota regresa o 24 de setembro de 1588 a Pasaia onde morreu o pouco debido as feridas sufridas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Enciclopedia de la Nación Española". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2014. Consultado o 17 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Enciclopedia General del Mar. Ediciones Garriga Barcelona (1957)

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]