Joan March Ordinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Juan March")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Joan March Ordinas
Joan March Ordinas.jpg
Nacemento4 de outubro de 1880
 Santa Margalida
Falecemento10 de marzo de 1962
 Las Rozas de Madrid
Causaaccidente de tráfico
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario, contrabandista, empresario, banqueiro e político
editar datos en Wikidata ]

Joan March Ordinas "Verga", tamén coñecido como Juan March e como o banqueiro de Franco, nado en Santa Margalida (Mallorca) o 4 de outubro de 1880 e falecido en Madrid o 10 de marzo de 1962, foi un contrabandista, político e financeiro mallorquino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun tratante de gando, de pequeno xa destacou pola súa visión das oportunidades de negocio. Casou con Leonor Servera, filla dun político de Manacor ligado á banca, o cal facilitoulle as relacións comerciais.

Destacou polo contrabando de tabaco, negocio no que se iniciou en 1906 en Alxer e o 1911 obtivo o monopolio de Marrocos grazas a José Calvo Sotelo dende onde empezou a facer contrabando cara á península.

En 1926 fundou a Banca March.

En 1936 March foi un dos principais financeiros do bando sublevado contra a república, e de feito foi quen pagou o alugueiro do avión que trasladou a Francisco Franco dende Canarias para comezar a guerra.

Fundou a Fundación Juan March.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]