Juan Luis Pedrosa
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 8 de febreiro de 1955 Lugo |
| 1995 – 1999 ← Javier Cobián – Miguel Anxo Fernández Lores → | |
| Datos persoais | |
| Residencia | Pontevedra |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Partido político | Partido Popular |
| Membro de | |
| Familia | |
| Pai | Fernando Pedrosa Roldán |
Juan Luis Pedrosa Fernández, nado en Lugo o 8 de febreiro de 1955, é un mariño e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Fernando Pedrosa Roldán. Foi Delegado en Pontevedra da Consellería de Pesca e Director xeral de Marisqueo e Acuicultura (1993-1995). Pertence ao PPdeG, partido polo que foi alcalde de Pontevedra dende 1995 a 1999, e líder da oposición do mesmo concello dende 1999 a 2003. Atópase nas listas do PPdeG por Pontevedra do 2007, aínda que non saíu elixido. O 17 de xaneiro de 2012 foi nomeado director da Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima (SASEMAR), organismo dependente do Ministerio de Fomento de España.
Eleccións
[editar | editar a fonte]Nas eleccións do ano 1995, obtivo 11 escanos, que sumados ás dúas actas do partido independente Pontevedra Unida, obtiveron a maioría absoluta fronte aos 7 concelleiros do BNG e os cinco do PSdeG-PSOE.
No ano 1999, Pontevedra Unida non se presentou e, aínda que gañou en sufraxios, empatou en 10 butacas co BNG, que pasou a gobernar xunto cos 5 representantes do PSdeG-PSOE.