Amada García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amada García
Nome completo Amada García Rodríguez
Nacemento 1911
  Mugardos
Falecemento 27 de xaneiro de 1938
  Ferrol
Nacionalidade España
Ocupación política
editar datos en Wikidata ]

Amada García Rodríguez, nada en Mugardos o 7 de outubro de 1909 e finada en Ferrol o 27 de xaneiro de 1938, foi unha militante mugardesa do Partido Comunista durante a Segunda República Española, fusilada por militares franquistas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Amada García era unha moza militante do Partido Comunista en Mugardos, preto de Ferrol. Activa na súa militancia, protagonizou accións raramente asumidas por mulleres, o que provocaba escándalo nos sectores máis reaccionarios da sociedade.[1]

Golpe de estado e represión[editar | editar a fonte]

O acceso violento ao poder dos falanxistas e de militares fascistas protagonistas do golpe de estado liderado polo xeral Franco, no 1936, provucou unha fortísima represión en Galicia, de xeito moi duro e intenso na comarca de Ferrol, e, especialmente, en Mugardos. Centos de persoas morreron despois de xuízos militares e aínda máis foron asesinadas sen xuízo nin procedemento legal algún, só por razóns políticas.[2]

Detención e fusilamento de Amada García[editar | editar a fonte]

Amada, sometida a traballos forzados e arresto domiciliar no verán deo1936, foi detida en abril do 1937 estando embarazada, nacendo no "Hospital de Caridade de Ferrol" o seu fillo Gabriel o 30 de outubro do 1937, dous meses antes do Consello de Guerra que a condenou a morte. O 26 de xaneiro do 9388, foi conduciden de o cdrcere de mullrres de Ferrol aa ao Castelo de San Felipe, prisión militar na marxe dereita da ría de Ferrol. Alí foi execuatda o día 7 xunto con outras sete persoas da mesma comarca: Juan José Teixeiro Leira, José María Montero Martínez, Ángel Roldos Gelpi e Antonio Eitor Cañizo de Mugardos, Ramón Rodríguez López e Jaime González Pérez de Ares e Germán López García de Cabanas.[3]

Tanto a instrución previa como o consello de guerra estiveron inzados de irregularidades: declaracións falsas asinadas por testemuñas analfabetas, multas ás testemuñas da defensa, ordes de silencio as defensores. A transmisión oral de tan triste historia levou á creación dun mito, misturando realidade con paixón e conmiseración.

O seu fillo, Gabriel Toimil García, foi entregado ao seus avós maternos e finou no 2014. súa filla Amada, moi afectada polo sucedido, optou por entrar como monxa de clausura nas Carmelitas Descalzas . uo, lbr

Amada García na memoria histórica de Galicia[editar | editar a fonte]

Acto de homenaxe ás víctimas do franquismo fusiladas no castelo de San Felipe, agosto de 2006.

O fillo de Amada, Gabriel, visitaba todos os 27 de xaneiro o muro no castelo onde fusilaron a súa nai, e tales visitas continuaron despois da súa morte. No ano 2016 o concello de Ferrol institucioanalizou o 27 de xaneiro como data de Memoria, continuando dese xeito a denuncia e difusión da represión franquista.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Montserrat Villarino Pérez, Ofelia Rey Castelao, Rocío Sánchez Ameijeiras (ds.) 2008. En femenino, voces, miradas, territorios. Ed. Universidade de Santiago de Compostela, 459 pp. en línea
  2. Carlos Fernández. 1983. El alzamiento de 1936 en Galicia: datos para una historia de la Guerra Civil. Volumen 3 de Documentos para a historia contemporánea de Galicia. 3ª ed. Castro, 588 pp. ISBN 84-7492-129-5
  3. El País (12 de xullo de 2009). "El bebé republicano". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]