Juan José Pujana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan José Pujana
Nacemento13 de xaneiro de 1943
 Bilbao
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e tradutor
editar datos en Wikidata ]

Juan José Pujana Arza, nado en Bilbao o 13 de xaneiro de 1943, é un político do País Vasco, que foi Presidente do Parlamento Vasco na súa primeira e segunda lexislatura tras a transición política (1980-1987). Foi candidato a alcalde polo PNV no municipio de Elorrio nas eleccións de 2011.

Biografía[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito, membro primeiro do Partido Nacionalista Vasco e, máis tarde, un dos fundadores de Eusko Alkartasuna, foi Conselleiro de Ordenación Territorial, Urbanismo e Medio Ambiente do Consello Xeral Vasco durante o período preautonómico (1978-1980) en substitución de Juan Ajuriaguerra e sendo Lehendakari Ramón Rubial. Foi elixido deputado ó Parlamento Vasco nas tres primeiras lexislaturas (1980-1990), e Presidente do mesmo até 1987. Na terceira e cuarta lexislatura de España foi designado senador pola comunidade autónoma do País Vasco (1987-1991).

Dende que abandonou a actividade política institucional é coordinador xeneral de Musikene, o Centro Superior de Música do País Vasco, tradutor de obras clásicas ó éuscaro e membro da Real Sociedade Bascongada de Amigos do País.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]