Juan Fernández-Armesto Fernández-España
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xaneiro de 1953 (71 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Pontificia Comillas |
Actividade | |
Ocupación | avogado, economista |
Participou en | |
9 de abril de 2003 | Democracia sen rabia |
Familia | |
Pais | Augusto Assía e María Victoria Fernández-España |
Premios | |
Juan Fernández-Armesto Fernández-España, nado en Nova York (Estados Unidos de América) o 2 de xaneiro de 1953, é un avogado e xurista español de orixe galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Augusto Assía (Felipe Fernández Armesto) e Victoria Armesto (María Victoria Fernández-España y Fernández-Latorre), cursou o bacharelato en Bonn (Alemaña) e en Madrid. Realizou os seus estudos universitarios no ICADE de Madrid, licenciándose en Dereito en 1977 e en Ciencias Empresariais en 1978. En 1983 obtivo ou título de doutor en Dereito na Universidade Autónoma de Madrid. Impartiu clases de Dereito Mercantil na Universidade Pontificia de Comillas-ICADE desde 1978 como profesor adxunto e, despois, profesor agregado, sendo nomeado en 1988 catedrático da mencionada disciplina en dita Universidade, posto no que continuou até o ano 2009.[1]
É membro do Colexio de Avogados de Madrid, do International Bar Association (Colexio de Avogados Internacional), da London Court of International Arbitration (LCIA), do Deutsche Institution für Schiedsgerichtsbarkeit e.V. (DIS) (Institución alemá de Arbitraxe) e do Institut pour l'Arbitrage Internationale (IAI), cofundador do Club Español de Arbitraxe, do que desde marzo de 2009 é vogal da súa xunta directiva,[2]; ademais, o Comité español da Cámara de Comercio Internacional (CCI) designouno representante español na Comisión de Arbitraxe de dita Cámara.
En outubro de 1996 foi designado polo Consello de Ministros de España presidente da recentemente creada Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV),[3] cesando o ano 2000, ao rematar o seu mandato regulamentario.[4]
Está en posesión da Gran Cruz da Orde de Isabel la Católica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Juan Ferández-Armesto, abogado y árbitro del CIADI Arquivado 25 de decembro de 2013 en Wayback Machine.(en castelán)
- ↑ "Club Español de Arbitraje". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2013. Consultado o 22 de abril de 2012.
- ↑ Real Decreto 2186/1996, de 4 de octubre
- ↑ Real Decreto 1697/2000, de 6 de octubre