Pazo de Chirleu
Pazo de Chirleu | |
---|---|
Concello | Marín |
Provincia | Pontevedra |
Comunidade | Galicia |
Coordenadas | 42°22′30″N 8°44′11″O / 42.375, -8.7363888888889Coordenadas: 42°22′30″N 8°44′11″O / 42.375, -8.7363888888889 |
Estilo arquitectónico | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O pazo de Chirleu é unha casa grande situada no lugar de Aguete (Seixo, Marín). Debe o seu nome á punta Chirleu.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Foi construído a principios do século XIX polo corsario Juan Antonio Gago de Mendoza. Nas súas orixes estaba dotado de foxo, porto propio e muralla, máis tarde sufriu importantes modificacións que o transformaron primeiro nunha fábrica de salgadura e despois nun estaleiro, para pasar a ser na actualidade sede do club do mar de Marín, se ben a vivenda principal permanece intacta e nela aínda viven os descendentes da familia Gago de Mendoza.
O escudo en pedra da entrada comprende as liñaxes Gago (3 veces), Cervela, Figueroa, Mendoza, Agulla, Soutomaior, Montenegro, Sarmiento, Romero de Leis, Araúxo e Abreu.