Conversa:Juan Antonio Gago de Mendoza

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Juan Gago de Mendoza, o señor do Chirleu, foi un dos capitáns e armadores corsarios galegos que máis destacou durante a guerra de guerrillas que se librou no mar contra os ingleses a finais do século XVIII e principios do XIX. Posteriormente, tamén se sinalou organizando en terra a guerrilla contra os franceses, como comandante das alarmas do Morrazo, durante a Guerra da Independencia. Nacido en 1761 na Casa da Brea, na feligresía de San Tomé de Piñeiro, no camiño entre Marín e Bueu, protagoni-zou, xunto con seus irmáns (José Bernardo, Manuel e Antonio) e a bordo de distintas embarcacións (a basca Guerra, a pinaza Vencedora, o quechemarín Prodigioso, o falucho Triunfo, a lancha Terrible ou a em-blemática goleta Peregrina Brillante) algún dos episodios máis apaixonantes do corso galego, como a caza á que foi sometido pola corbeta inglesa Kinisfin.