José Ramón Curbera Fernández
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de outubro de 1870 Vigo, España |
Morte | 15 de xuño de 1937 (66 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Familia | |
Pai | José Ramón Curbera Puig |
José Ramón Curbera Fernández, nado en Vigo o 7 de outubro de 1870 e finado na mesma cidade o 15 de xuño de 1937[1], foi un ciclista, empresario e industrial conserveiro galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo do industrial José Ramón Curbera Puig. Durante a súa xuventude dedicouse ao ciclismo, sendo un destacado impulsor deste deporte e a primeira gran figura do ciclismo en Galicia, e conseguindo varios récords a nivel nacional.[2][3] Implicouse tamén noutros deportes e foi fundador do Real Club Náutico de Vigo en 1906 e presidente do Real Vigo Sporting de fútbol entre 1913 e 1924.[4]
Entrou a traballar co seu pai na conserva en 1892 e en 1897 encargouse da fábrica de Guixar. Introduciu o xeito de xareta e as traíñas. Adquiriu en 1900 unha segunda fábrica en Bueu e inaugurou outra no Areal de Vigo en 1906. Foi vogal do Consello de Administración do Banco de Vigo (1903-1915) e presidente da Unión de Fabricantes de Conservas de Galicia (1912-1918 e 1928-1933). Foi candidato a deputado a Cortes polo distrito de Vigo fronte a Ángel Urzaiz en 1918, apoiado por republicanos e socialistas e tamén formou parte na Liga de Defensores de Vigo.[5]
Contrario a calquera iniciativa corporativista, enfrontouse coa ditadura de Primo de Rivera e mantivo distancias cos sublevados o 18 de xullo de 1936.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Fermina Alonso Lamberty en 1908.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 17-6-1937, p. 3 Arquivado 14-02-2018 en Wayback Machine.
- ↑ "Los héroes de las corredoiras". La Voz de Galicia (en castelán) (Suplemento dominical ed.). 2 de setembro de 2007. p. 11.
- ↑ Torres Carbajo, Fernando (3 de outubro de 2015). "Curbera, la primera conservera de grandes producciones". Vigoé (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2021.
- ↑ VV. AA. (2011). Las familias de la conserva (PDF) (en castelán). ISBN 978-84-938942-0-7. Consultado o 12 de abril de 2021.
- ↑ Hernández Soto, Gonzalo (27 de maio de 2018). "La Liga de Defensores de Vigo y las elecciones de 1923". vigoe.es (en castelán). Consultado o 15 de marzo de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carmona Badía, Xoán (2006). CIEF Centro de Investigación Económica e Financeira; Fundación Caixa Galicia, ed. "Bater marcas e abrir mercados: De precursor do ciclismo a líder da industria" in Empresarios de Galicia. pp. 283–301.