José María Orense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé María Orense Milá de Aragón Herrero
Nome orixinal(es) José María Orense Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de outubro de 1803 Editar o valor em Wikidata
Laredo
Morte29 de novembro de 1880 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
El Astillero
Cargos
Presidente do Congreso dos Deputados
Período1 de xuño de 1873 - 12 de xuño de 1873
AntecesorFrancisco Salmerón y Alonso
SucesorNicolás Salmerón y Alonso
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxornalista e político
Partido políticoPartido Demócrata e Partido Republicano Federal
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Sinatura

José María Orense Milá de Aragón Herrero, nado en Laredo o 28 de outubro de 1803, e finado en El Astillero[1][2] (Cantabria) o 29 de novembro de 1880, foi un político demócrata e xornalista español. Foi o noveno Marqués de Albaida,[3] Grande de España.

Caricatura da revista La Flaca. A República española entre Centralismo (Castelar), e Federalismo (José María Ourense).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Durante o Trienio Liberal (1820-1823), uniuse á Milicia Nacional para loitar contra os elementos monárquicos de Cantabria, participando en Laredo na resistencia contra os Cen Mil Fillos de San Luís do duque de Angulema.[3] En 1823, por mor do seu apoio aos constitucionalistas tivo que fuxir a Inglaterra, e viaxou por Estados Unidos e Francia. Volveu trala amnistía de 1833 e, inmediatamente, tomou parte na Xunta de Defensa de Santander en favor do liberalismo. Conspirou con Eugenio de Aviraneta en 1834 polo que foi detido ese mesmo ano. Cos seus escritos O Duende Liberal e O Tribuno, deuse a coñecer como partidario dunha lectura en clave republicana da Constitución de Cádiz.

Foi deputado por Palencia e Santander en varias ocasións, entre 1844 e 1856, con intervalos de activismo republicano que provocou novas persecucións e un exilio ao exterior. En 1856, tralo pronunciamento de Leopoldo O'Donnell intentou sublevar as provincias contra el pero fracasou[4] e foi desterrado; pero continuou coa súa axitación republicana por todos os medios: conspiracións, escritos e prensa. Foi un dos fundadores do Partido Demócrata[5] e no que militará de 1849 a 1868;[6] posteriormente, protagonizou unha dura polémica con Fernando Garrido e as súas ideas socialistas fronte ás que propugnada o individualismo republicano.[7]

A partir de 1866, participou na preparación da revolución de 1868, e ao triunfar esta volveu a se integrar non parlamento onde saíu elixido Deputado a Cortes Constituíntes, acadando unha importante relevancia no Partido Republicano Federal no que participa de 1868 a 1874[6]. Mais cando se aprobou a monarquía como forma de goberno, abandonou de novo, a Cámara e participou na xeira de revoltas republicanas federais de 1869, dirixindo a revolta en Béjar. Ese mesmo ano, 1869, Orense formou parte da sinatura do Pacto Federal Castelán, tamén en Valladolid.

Cando, en 1870, foi proclamada a República en Francia, organizou unha lexión de voluntarios para axudar aos republicanos franceses; pretendía unha federación latina e o establecemento dunha república universal.

Durante a proclamación da Primeira República en España, foi elixido deputado nas eleccións xerais de 1873 pola provincia de Palencia, e presidirá as Cortes, pero dimitiu ao encabezar o retraemento[8] dos deputados intransixentes coa política de goberno de Francesc Pi i Margall. Ao caer a república, exiliouse en Francia até 1877, cando volveu a Santander onde morreu en 1880.

Períodos de representación como deputado [9][editar | editar a fonte]

Período de
sesións
Data das
eleccións
Circunscrición Data de alta Data de baixa
15 03-09-1844 Palencia 14-10-1844 31-10-1846
16 06-12-1846 Santander 22-11-1847 04-08-1850
18 10-05-1851 Palencia 16-06-1851 02-12-1852
20 04-10-1854 Palencia 19-11-1854 02-09-1856
27 15-01-1869 Valencia 17-02-1869 02-01-1871
28 08-03-1871 Valencia 13-04-1871 19-05-1871
Girona 22-04-1871 24-01-1872
30 24-08-1872 Barcelona 21-09-1872 22-03-1873
31 10-05-1873 Palencia 05-06-1873 08-01-1874

Períodos como Presidente das Cortes (Lexislatura 1873-1874)[editar | editar a fonte]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Orense, J. M., Los presupuestos como los desea el pueblo español, ou sea proyecto de enmienda a los de la Comisión del Congreso de Diputados y del Gobierno, Madrid, 1848.
  • Orense, J. M., A l’Assemblée Nationale, Paz, 1848.
  • Orense, J. M. e Mendialdúa F., Apéndice a los programas políticos, Madrid, 1849.
  • Orense, J. M. e Mendialdúa F., Sistema del gobierno español en materia de elecciones, Bayona 1851.
  • Orense, J. M. e Mendialdúa F., Señores de electores del distrito de Palencia, Bayona 1851.
  • Orense, J. M. e Mendialdúa F., Histoire du parti liberal en'espagne, Bruxelas 1853.
  • Orense, J. M. e Mendialdúa F., Lo que hará en poder do partido democrático y lo que hará en poder do partido progresista, Madrid, 1858.
  • Orense, J. M. e Mendialdúa F., Los Vasallos, Madrid, 1859.
  • Orense, J.M., Los Fueros, Madrid, 1859
  • Orense, J. M., La democracia tal cual es, Madrid, 1862.
  • Orense, J. M., Treinta años de gobierno representativo en España, Madrid, 1863.
  • Orense, J. M., Ventajas de la República Federal, Madrid, 1870.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Páxina de Asturias republicana". Arquivado dende o orixinal o 01-06-2020. Consultado o 21-05-2017. 
  2. Talvikki (2007)
  3. 3,0 3,1  González Román, Miguel; op.cit. páx. 13
  4.  González Román, Miguel; op.cit. páx. 16
  5. Gran Enciclopedia Larousse. Tomo 17. Planeta. 1989. pp. 8049–8050. ISBN 84-320-7387-3. 
  6. 6,0 6,1  González Román, Miguel; op.cit. páx. 14
  7.  González Román, Miguel; op.cit. páx. 46
  8. "Retraemento" na linguaxe política do XIX, significa que se abandona a procura de acordos e colaboración para pasar á conspiración violenta para cambiar o réxime.
  9. "Sitio oficial do Congreso dos Deputados". Consultado o 21-05-2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]