José Manuel Pose Santamaría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Manuel Pose
Información persoal
Nome José Manuel Pose Santamaría
Nacemento 15 de abril de 1977 (47 anos)
Adestrador
Anos Equipos
2010–2011 O Val
2011–2013 Betanzos
2014–2017 Negreira
2018–2019 Noia
Na rede
Twitter: posesantamaria Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

José Manuel Pose Santamaría, nado o 15 de abril de 1977, é un adestrador de fútbol galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de adestrar entre outros equipos o Dorneda CF, na tempada 2010–11 dirixiu a SD O Val, en Preferente Autonómica. En outubro de 2011 foi contratado como adestrador do Betanzos CF, en substitución de Óscar Gilsanz, debutando en Terceira División [1] e realizou unha campaña histórica no club. Máis tarde, firmou un contrato co Negreira en 2014 e mantivo ao club na Terceira División. Tras tres anos no club, decidiu non renovar.

O 2 de xaneiro de 2018 foi presentado como novo adestrador do CF Noia, de Terceira División, en substitución de Jaime Sánchez.[2] O 19 de marzo de 2019 foi cesado, por falta de confianza da directiva.[3] O seu substituto foi José Manuel Martínez "Secho".[4]

Dende a temporada 2021/22 traballou para as categorías inferiores do Deportivo da Coruña coordinando a metodoloxía da canteira. Ó final da temporada 2022/23 desvinculouse do club branquiazul, coincidindo coa marcha de Fran González da área de Abegondo.


É profesor de táctica na Escola Galega de Adestradores da Federación Galega de Fútbol. Colaborou en medios de comunicación como La Voz de Galicia, RadioVoz e Radio Marca.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]