José Manuel Arribas Hermida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Manuel Arribas Hermida
Biografía
Nacemento7 de marzo de 1902 Editar o valor em Wikidata
Lérez, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de agosto de 1977 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
O Marco, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Manuel Arribas Hermida, nado en Lérez (Pontevedra) o 7 de marzo de 1902 e finado no Marco o 7 de agosto de 1977, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Labrego. Casou con Melania Martínez e trasladouse a vivir ao Marco (Meis). Tiña un negocio relacionado co leite e creou unha empresa vinculada á liña de autobús Pontevedra-Vilagarcía. Fundou en 1934 a sociedade agraria "La Fraternidad Obrera de Agricultores de Meis" da que foi elixido presidente. Foi detido en decembro de 1934 xunto co secretario da sociedade Rosendo Rodríguez Ares.[1] Logo do triunfo do Frente Popular en febreiro de 1936, foi nomeado alcalde de Meis o 15 de marzo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o Concello de Meis foi rodeado e tomado polas forzas sublevadas o 21 de xullo, José Manuel refuxiouse na reitoral de Besomaño. Foi detido e internado no cárcere de Cambados, pasando despois ao de Pontevedra onde foi xulgado en consello de guerra o 14 de abril de 1937. Foi condenado a cadea perpetua por "auxilio á rebelión", conmutada a 17 anos de reclusión. Internado no campo de concentración da Illa de San Simón, foi trasladado despois á fortaleza de San Cristóbal en Pamplona o 11 de outubro. Participou na fuga masiva o 22 de maio de 1938. Capturado, permaneceu na cadea até que logrou a prisión atenuada no seu domicilio do Marco o 13 de setembro de 1940. En febreiro de 1944 conmutáronlle a pena por un ano de prisión menor. Finalizou a pena da sentenza o 8 de agosto de 1966.


Predecesor:
José Manuel Roma Hermida
 
Alcalde de Meis
 
1936
Sucesor:
Ramón García Sampayo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 25-12-1934, p. 13.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gallego Rei, Mario; Milleiro Sánchez, Celso Xavier; Moreira Docampo, Xosé Manuel (2012). Para despois do silencio. O Concello de Meis da II República a Guerra Civil. Vigo: Ir Indo. pp. 149–152. ISBN 978-84-7680-692-0. 
  • Milleiro Sánchez, Celso Xavier; Gallego Rey, Mario (2007). "Xosé Arribas: un lerezán alcalde de Meis" (PDF). Cedofeita (11). 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]