José Joaquín Martínez Sieso
José Joaquín Martínez Sieso, nado en Bilbao, Biscaia, o 13 de abril de 1957, foi o sexto presidente da comunidade autónoma de Cantabria, e o primeiro nacido fóra do seu territorio.
Biografía
[editar | editar a fonte]Naceu en Bilbao o 13 de abril de 1957, aínda que uns días máis tarde foi levado ao municipio cántabro de Limpias.[1]
Licenciouse en Dereito pola Universidade de Deusto e MBA polo Instituto de Empresa de Madrid. Durante o V Congreso Rexional do Partido Popular de Cantabria, celebrado no ano 1995 foi elixido membro da executiva do partido.
Nas eleccións autonómicas do mesmo ano, obtivo unha maioría simple con 13 deputados. Co apoio do PRC, Joaquín Martínez Sieso é investido presidente de Cantabria. Desta forma asume a difícil tarefa de emprender goberno en minoría (13 do PP máis 6 do PRC), pois precisábanse 20 escanos para gobernar en maioría. Joaquín Martínez Sieso preferiu pactar cos rexionalistas que coa UPCA do polémico Juan Hormaechea.
Nas eleccións autonómicas do 13 de xuño de 1999 é reelixido presidente do Goberno de Cantabria de novo co apoio do PRC, pois facíalle falta para gobernar en maioría. Nas eleccións autonómicas do 25 de maio de 2003 vólvese presentar como candidato do Partido Popular. De novo non consegue a maioría absoluta da cámara. O PRC nesta ocasión presta o seu apoio ao PSC-PSOE e deixa fóra do Goberno de Cantabria o Partido Popular. Nas eleccións autonómicas de 2007 Joaquín Martínez Sieso xa non é o candidato do partido, o seu lugar ocúpao Ignacio Diego, que tampouco conseguiu gobernar xa que rexionalistas (PRC) e socialistas (PSC-PSOE) revalidaron o pacto.
Desde 2011, e tras a vitoria por maioría absoluta do PP nas eleccións autonómicas, é nomeado Presidente da Autoridade Portuaria de Santander ata 2015.[2]
Cargos
[editar | editar a fonte]- Deputado por Cantabria no Congreso dos Deputados (1989-1995)
- Deputado no Parlamento de Cantabria (1995-2004)
- Presidente do Goberno de Cantabria (1995-2003)
- Deputado por Cantabria no Congreso dos Deputados (2004-2011)
- Vicepresidente terceiro do Congreso dos Deputados (2007-2008)
- Presidente da Autoridade Portuaria de Santander (desde 2011)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ eolapaz.com, ed. (2011). "José Joaquín Martínez Sieso" (en español). Consultado o 2 de agosto de 2013.[Ligazón morta]
- ↑ "BOE.es - BOE-A-2015-10307 Orden FOM/1936/2015, de 22 de septiembre, por la que se publica el cese del Presidente de la Autoridad Portuaria de Santander.". www.boe.es. Consultado o 2022-09-12.
- Nados en 1957
- Presidentes de Cantabria
- Nados en Bilbao
- Políticos do PP
- Alumnos da Universidade de Deusto
- Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura)