Presidente de Cantabria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O presidente de Cantabria, segundo o Estatuto de Autonomía de Cantabria, preside o Goberno de Cantabria, coa función de dirixir, coordinar a Administración da comunidade autónoma, designar e separar os conselleiros e ostentar a suprema representación da comunidade autónoma e a ordinaria do Estado en Cantabria. É elixido polo Parlamento de Cantabria entre os seus membros e é nomeado polo rei.

O Parlamento elíxeo por maioría absoluta en primeira convocatoria e por maioría simple nas posteriores. Entre cada convocatoria teñen que transcorrer como mínimo corenta e oito horas. Se pasados dous meses desde a constitución do Parlamento non é elixido ningún candidato, este disolverase procedéndose a convocar novas eleccións.

Antes da entrada en vigor do Estatuto e de constituírse Cantabria como comunidade autónoma, o órgano que regulaba o goberno de Cantabria era a Deputación Provincial de Santander, na cal o presidente da Deputación realizaba as tarefas propias do goberno da provincia.

Lista de presidentes[editar | editar a fonte]

Imaxe Presidente Inicio do mandato Fin do mandato Partido
1 José Antonio Rodríguez 15 de marzo de 1982 26 de marzo de 1984 Independente
2 Ángel Díaz de Entresotos 26 de marzo de 1984 27 de xullo de 1987 AP
3 Juan Hormaechea 27 de xullo de 1987 10 de decembro de 1990 Independente
4 Jaime Blanco 10 de decembro de 1990 5 de xullo de 1991 PSC-PSOE
5 Juan Hormaechea 5 de xullo de 1991 14 de xullo de 1995 UPCA/PP
6 José Joaquín Martínez Sieso 14 de xullo de 1995 30 de xuño de 2003 PP
7 Miguel Ángel Revilla 30 de xuño de 2003 23 de xuño de 2011 PRC
8 Ignacio Diego 23 de xuño de 2011 6 de xullo de 2015 PP
9 Miguel Ángel Revilla 6 de xullo de 2015 actualidade PRC

Liña temporal de presidentes[editar | editar a fonte]

Miguel Ángel RevillaIgnacio DiegoMiguel Ángel RevillaJosé Joaquín Martínez SiesoJuan HormaecheaJuan HormaecheaJaime BlancoJuan HormaecheaÁngel Díaz de EntresotosJosé Antonio Rodríguez Martínez

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]