José Joaquín Martínez Sieso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Joaquín Martínez Sieso

13 de xullo de 1995 – 27 de xuño de 2003
Vicepresidente Miguel Ángel Revilla
Precedido por Juan Hormaechea
Sucedido por Miguel Ángel Revilla

4 de setembro de 2007 – 15 de xaneiro de 2008
Precedido por Gabriel Cisneros
Sucedido por Jorge Fernández Díaz

28 de outubro de 1989 – 27 de xuño de 1995

14 de marzo de 2004 – 26 de xullo de 2011

27 de xuño de 1995 – 14 de marzo de 2004

Datos persoais
Nacemento 13 de abril de 1957
(67 anos)
Bilbao, Euskadi
Partido Partido Popular (PP)
Cónxuxe/s Katia Pereda

José Joaquín Martínez Sieso, nado en Bilbao, Biscaia, o 13 de abril de 1957, foi o sexto presidente da comunidade autónoma de Cantabria, e o primeiro nacido fóra do seu territorio.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu en Bilbao o 13 de abril de 1957, aínda que uns días máis tarde foi levado ao municipio cántabro de Limpias.[1]

Licenciouse en Dereito pola Universidade de Deusto e MBA polo Instituto de Empresa de Madrid. Durante o V Congreso Rexional do Partido Popular de Cantabria, celebrado no ano 1995 foi elixido membro da executiva do partido.

Nas eleccións autonómicas do mesmo ano, obtivo unha maioría simple con 13 deputados. Co apoio do PRC, Joaquín Martínez Sieso é investido presidente de Cantabria. Desta forma asume a difícil tarefa de emprender goberno en minoría (13 do PP máis 6 do PRC), pois precisábanse 20 escanos para gobernar en maioría. Joaquín Martínez Sieso preferiu pactar cos rexionalistas que coa UPCA do polémico Juan Hormaechea.

Nas eleccións autonómicas do 13 de xuño de 1999 é reelixido presidente do Goberno de Cantabria de novo co apoio do PRC, pois facíalle falta para gobernar en maioría. Nas eleccións autonómicas do 25 de maio de 2003 vólvese presentar como candidato do Partido Popular. De novo non consegue a maioría absoluta da cámara. O PRC nesta ocasión presta o seu apoio ao PSC-PSOE e deixa fóra do Goberno de Cantabria o Partido Popular. Nas eleccións autonómicas de 2007 Joaquín Martínez Sieso xa non é o candidato do partido, o seu lugar ocúpao Ignacio Diego, que tampouco conseguiu gobernar xa que rexionalistas (PRC) e socialistas (PSC-PSOE) revalidaron o pacto.

Desde 2011, e tras a vitoria por maioría absoluta do PP nas eleccións autonómicas, é nomeado Presidente da Autoridade Portuaria de Santander ata 2015.[2]

Cargos[editar | editar a fonte]

  • Deputado por Cantabria no Congreso dos Deputados (1989-1995)
  • Deputado no Parlamento de Cantabria (1995-2004)
  • Presidente do Goberno de Cantabria (1995-2003)
  • Deputado por Cantabria no Congreso dos Deputados (2004-2011)
  • Vicepresidente terceiro do Congreso dos Deputados (2007-2008)
  • Presidente da Autoridade Portuaria de Santander (desde 2011)
Predecesor:
Juan Hormaechea Cazón

Presidente de Cantabria

1995-2003
Sucesor:
Miguel Ángel Revilla
Predecesor:
-

Portavoz do Goberno de Cantabria

1995-2003
Sucesor:
Lola Gorostiaga
Predecesor:
Gonzalo Piñeiro

Presidente do PP de Cantabria

2002-2004
Sucesor:
Ignacio Diego
Predecesor:
Gabriel Cisneros

Vicepresidente terceiro do Congreso dos Deputados

2007-2008
Sucesor:
Jorge Fernández Díaz

Notas[editar | editar a fonte]