José Fernández Ramos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1955 |
Morte | 17 de maio de 2008 (52/53 anos) |
Alcalde de Bergondo | |
1999 – 2008 – Alejandra Pérez Máquez → | |
Actividade | |
Ocupación | político, mestre |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
José Fernández Ramos, nado en 1955 e finado o 17 de maio de 2008, foi un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre de profesión, foi profesor da Escola Agraria de Guísamo e, logo de aprobar as oposicións, exerceu como docente no colexio A Solana de Narón e en distintos centros educativos de Bergondo e Betanzos. Militante do PSdeG, foi concelleiro en Bergondo dende 1987. Conseguiu a alcaldía de Bergondo nas eleccións municipais de 1999. Nesa lexislatura gobernou co apoio do grupo nacionalista. Nas municipais de 2003 experimentou unha suba en votos, co cal continuou como alcalde con maioría absoluta. Esa vantaxe diluíuse nas municipais de 2007, tras as que foi investido de novo alcalde, pero desta volta formando un goberno socialista en minoría. En setembro dese mesmo 2007, foi escollido presidente do Consorcio das Mariñas, unha entidade supramunicipal desa comarca coruñesa. En marzo de 2008 deixou a alcaldía por razóns de saúde. Faleceu unhas semanas despois, no mes de maio.
Predecesor: José Carabel Balsa |
Alcalde de Bergondo 1999 - 2008 |
Sucesor: Alejandra Pérez Máquez |
Predecesor: Julio Sacristán |
Presidente do Consorcio das Mariñas 2007 - 2008 |
Sucesor: Julio Sacristán |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Artigo en La Opinión