Saltar ao contido

José Ces Caamaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Ces Caamaño

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1913 Editar o valor en Wikidata
Taragoña, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de setembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (22/23 anos)
A Ponte Beluso, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmineiro, pescador, transportista Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 11889

José Ces Caamaño, coñecido como O Lorcho, nado en Taragoña (Rianxo) en 1913 e finado na Ponte Beluso (Boiro) o 8 de setembro de 1936[1] foi un sindicalista e mineiro galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mariñeiro, gañaba a vida indo a pescar nunha dorna, que deixou para incorporarse ó servizo militar. Cando regresou dedicouse ó transporte de madeira en barco, entre outros portos, a Vilagarcía de Arousa. Posteriormente traballou nas minas de San Fins extraendo volframio. Nas minas, ó igual que os seus compañeiros, afiliouse á CNT.[1]

Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 os mineiros acordaron cortarlle o paso ós militares que viñesen de Santiago de Compostela, rebentando con explosivos unha das arcadas da ponte do río Beluso. Deste acto foron inculpados os mineiros, entre eles José Ces Caamaño, xunto co cenetista José Saavedra García, Ricardo Vilas Quintáns, Francisco Tubío Vicente[2] e mais Celestino Horta Resúa.[1]

Estivo fuxido, agochado no monte, de cando en vez aparecía pola noite na súa casa ou na dalgún parente para durmir. Foi capturado tras acudir ó enterro dun parente, metérono nun coche e pegáronlle uns tiros na Ponte Beluso, onde deixaron o seu corpo. Foi soterrado no cemiterio de Bealo.[1]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou ós 20 anos con Dorinda Lorenzo Otero, peixeira, que levaba o peixe a vender polas aldeas da contorna, con quen tivo dous fillos.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Os paseados en Rianxo (1936-1939) 2022, José Ces Caamaño "O Lorcho".
  2. Rodríguez Gallardo 2022, p. 258.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]