Joseph P. Allen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joseph P. Allen
JosephAllen.jpg
Datos persoais
Nacemento27 de xuño de 1937
LugarCrawfordsville
Actividade
MisiónsSTS-5 e STS-51-A
Tempo no espazo13,08 días
PremiosUnited States Astronaut Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]

Joseph Percival "Joe" Allen IV, nado en Crawfordsville, Indiana, o 27 de xuño de 1937, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-5 e STS-51-A.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Allen graduouse en física matemática pola Universidade DePauw en 1959 e é máster e doutor en física pola Universidade Yale en 1961 e 1965 respectivamente.[1][2]

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en agosto de 1967, completando o seu adestramento Base Vance da Forza Aérea. Traballou como científico de misión ao mesmo tempo que foi membro do grupo de soporte aos astronautas da misión Apollo 15. Foi tamén consultor en ciencia e tecnoloxía do Consello en Política Económica Internacional do Presidente. Participou nas misións STS-5 e STS-51-A e pasando un total de 13,08 días no espazo. Deixou a NASA en 1985.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2022). "Allen, Joseph Percival IV 'Joe'" (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (decembro de 1993). "JOSEPH P. ALLEN (PH.D.) NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]