STS-5

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-5
Lanzamento da misión STS-5.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento11 de novembro de 1982, 12:19 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión5,09 días[6]
Obxectivo da misiónPrimeiro voo operativo do Columbia, posta en órbita de dous satélites e realización de varios experimentos.[3][6]
Regreso16 de novembro de 1982[6]
Sitio de regresoBase Edwards da Forza Aérea
NSSDC ID1982-110A

STS-5 foi a primeira misión operativa do transbordador espacial Columbia, lanzada o 11 de novembro de 1982 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

STS-5, tripulada por Vance Brand, Robert Overmyer, Joseph P. Allen e William B. Lenoir, foi lanzada como primeira misión operativa do transbordador. Encargouse de poñer en órbita dous satélites artificiais, o SBS-C e o Telesat C. Foi tamén a primeira misión do transbordador con máis de dous astronautas a bordo. A tripulación, á parte de poñer en órbita os satélites, fixo varios experimentos, entre eles MLR, CFES e outros experimentos biomédicos e de materiais. A primeira actividade extravehicular planificada desde un transbordador tivo que cancelarse debido a un problema co traxe espacial.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 16 de novembro de 1982.[3][5][6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 5" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 24 January 1983 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (83-02357). 1 de febreiro de 1983: 4. Consultado o 31 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 5" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-5" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-5" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-5" (en inglés). Consultado o 29 de novembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]