Josef Vašíček

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Josef Vašíček
Josef Vašíček (hrob).jpg
Josef Vašíček
Información persoal
Nome completoJosef Vašíček
Nacemento12 de setembro de 1980
LugarHavlíčkův Brod, Checoslovaquia Checoslovaquia
Falecemento7 de setembro de 2011
LugarYaroslavl, Rusia Rusia
Altura1,93 m.
PosiciónCentro
Carreira xuvenil
HC Sparta Praha U-17
1998-2000Sault Ste. Marie Greyhounds (OHL)
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2000-2001Cincinnati Cyclones (IHL)
2000-2004Carolina Hurricanes (NHL)
2004-2005HC Slavia Praha (CzEx)
2005-2006Carolina Hurricanes (NHL)
2006-2007Nashville Predators (NHL)
2006-2007Carolina Hurricanes (NHL)
2007-2008New York Islanders (NHL)
2008-2011Lokomotiv Yaroslavl (KHL)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Josef Vašíček, nado o 12 de setembro de 1980 en Havlíčkův Brod, Checoslovaquia e finado o 7 de setembro de 2011, foi un xogador profesional de hóckey sobre xeo checo. Vašíček xogou sete tempadas na National Hockey League nos Carolina Hurricanes, Nashville Predators e New York Islanders antes de trasladarse a Rusia en 2008 para xogar no Lokomotiv Yaroslavl da Kontinental Hockey League. Morreu no accidente aéreo no que faleceron todos os membros do Lokomotiv.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na tempada 1998-1999 deu o salto ó hóckey canadense ó entrar no Sault Ste. Marie Greyhounds da Ontario Hockey League, unha das ligas xuvenís do Canadá. No 2000 entrou na National Hockey League (NHL) ó fichar polos Carolina Hurricanes, na tempada 2004-2005 foi cedido ó HC Slavia Praha de Chequia e no verán de 2006 foi cambiado ós Nashville Predators por Scott Walker.

En 2008 asinou un contrato co equipo ruso Lokomotiv Yaroslavl da KHL.

O 7 de setembro de 2011 morreu co resto dos seus compañeiros e adestradores do Lokomotiv Yaroslavl nun accidente de avión nas aforas de Yaroslavl cando o equipo se dirixía a Minsk para disputar a primeira xornada da tempada 2011-12.

Internacional coa selección checa, Josef Vašíček gañou a medalla de ouro no Campionato do Mundo júnior de 2005, así como as medallas de bronce e de ouro respectivamente no Campionato do Mundo absuluto en 2004 e 2005.