José Vilasánchez Pazos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Juan Vilasánchez Pazos 8 de abril de 1950 (74 anos) Redes, España |
Alcalde de Ares | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , mestre |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
José Juan Vilasánchez Pazos, nado en Redes (Ares) o 8 de abril de 1950, é un político e mestre galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre de EXB especializado en filoloxía hispánica, exerceu no colexio Conde de Fenosa de Ares[1]. Foi presidente de Club de Tenis de Redes[2]. Nas eleccións municipais de 1991 foi candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Ares e foi elixido grazas ó apoio do BNG, gobernando en minoría. Nas municipais de 1995 foi reelixido alcalde mediante un pacto de goberno co BNG. Perdeu a alcaldía nas municipais de 1999 en favor do PPdeG, que logrou a maioría absoluta, permanecendo como portavoz socialista ata a fin do mandato. Volveu á política como número 3 do PSdeG nas municipais de 2007, nas cales os socialistas recuperaron o goberno de Ares e pasou a ser concelleiro de urbanismo. Porén, presentou a súa dimisión en xuño de 2008[3].
Predecesor: Manuel Rodríguez Doval |
Alcalde de Ares 1991 - 1999 |
Sucesor: José Manuel Cendán Fernández |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Entrevista en La Voz de Galicia, Ferrol, 4-3-1993, p.41.
- ↑ Entrevista en La Voz de Galicia, Ferrol, 4-3-1993, p.41.
- ↑ Crónica da súa dimisión