José Vázquez Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Vázquez Rodríguez
Biografía
Nacemento1904 Editar o valor em Wikidata
Calvos de Randín, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de maio de 1937 Editar o valor em Wikidata (32/33 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

José Vázquez Rodríguez, nado en Calvos de Randín cara a 1904 e finado en Pontevedra o 22 de maio de 1937, foi un polbeiro e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Polbeiro en Arnois (A Estrada). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar o 3 de maio de 1937,[1][2] foi condenado a morte. Foi executado en Pontevedra, ás 6 horas do 22 de maio de 1937, nos diques de Monteporreiro-Avda de Buenos Aires.[3] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1940,[4][5] e foi sancionado cunha multa de 100 pesetas en setembro de 1941.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 4-5-1937, p. 5.
  2. El Ideal Gallego, 4-5-1937, p. 3.
  3. El Pueblo Gallego, 23-5-1937, p. 13.
  4. El Pueblo Gallego, 2-6-1940, p. 2.
  5. BOE, 4-9-1940, p. 4083.
  6. BOE, 6-9-1941, p. 3362.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]