José Vázquez Estévez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Vázquez Estévez
José Vázquez Estévez 1909.jpg
Nacemento19 de marzo de 1866
Lugar de nacementoArbo
Falecemento27 de abril de 1926
Lugar de falecementoArbo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónavogado e político
FillosAlfonso Vázquez Martínez
editar datos en Wikidata ]

José Vázquez Estévez, nado en Arbo o 19 de marzo de 1866 e finado no mesmo concello o 27 de abril de 1926,[1] foi un avogado e político galego

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de labregos, foi encamiñado ao estudo polo seu tío e padriño, o sacerdote José Estévez Freijanes. Estudou Filosofía e Teoloxía no seminario diocesano de Tui (1881-1887). Abandonou o seminario e fixo o bacharelato no Instituto de Santiago. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1890-1895). Trasladouse a Madrid onde fixo o doutoramento, presentando a tese La soberanía política. Su concepto, origen, transmisión y legitimidad de su ejercicio. Foi profesor de Dereito Canónico. Foi nomeado Xuíz municipal de Arbo en 1903. Amigo do arcebispo Manuel Lago González, colaborou en La Integridad. Participou na Asemblea Regional Católica (1910).

En 1912 opositou á cátedra de Dereito Natural da Universidade de Valladolid, pero non conseguiu a praza, que por un só voto foi para Eduardo Callejo. Desgustado, tomou a decisión de retirarse a Arbo, onde se dedicou á organización dos sindicatos agrícolas, escribindo artigos en periódicos galegos, Noticiero de Vigo e especialmente no semanario La Voz del Condado, inspirado por el, dando conferencias e pronunciando discursos. Formou parte da comisión organizadora da VI Asemblea Agraria de Galicia celebrada en Redondela en outubro de 1915 e foi presidente da Federación Agraria de Tui (1918-1921). Foi nomeado deputado provincial en setembro de 1924 e foi presidente de Unión Patriótica de Arbo.

Publicou un folleto sobre os sindicatos agrícolas na prensa galega que foi premiado no certame literario-social de Pontevedra en 1907. Colaborou con Baltasar Merino para a súa Flora de Galicia.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La soberanía política, 1906.
  • Expansiones del alma, 1907 (poesía).
  • Influencia del cristianismo en la condición del obrero, 1907.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Delfina Martínez e foi pai de Pilar, Olimpia, Eulalia, Gonzalo, Berta, Margarita e Alfonso Vázquez Martínez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 28-4-1926, p. 11.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]