Saltar ao contido

José Tomás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Tomás

(2008) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Tomás Román Martín Editar o valor en Wikidata
20 de agosto de 1975 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Galapagar, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesJosé Tomás Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntoureiro Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Alternativa (tauromaquia) (pt) Traducir
confirmación de alternativa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1568112
José Tomás.

José Tomás Román Martín, nado o 20 de agosto de 1975 en Galapagar (Madrid), é un toureiro español, popularmente coñecido como José Tomás. Familiar do importante gandeiro Victorino Martín, debutou como novilleiro o 7 de febreiro de 1991 na praza de Valdemorillo. Despois de ter éxito en México, tomou a alternativa o 10 de decembro de 1995 na Monumental da Cidade de México, apadriñado por Jorge Gutiérrez e con Manolo Mejía como testemuña, confirmando a alternativa en Madrid, o 14 de maio de 1996, da man de José Ortega Cano e ante a presenza de Jesulín de Ubrique.

Considerado case dende o comezo da súa carreira profesional como unha das figuras máis importantes, colleitou numerosos éxitos nas mellores prazas. O seu estilo foi cualificado de clásico, e foi comparado con toureiros como Joselito, Belmonte, Chicuelo, Manolete e Paco Ojeda. Entre 2002 e 2007 estivo retirado.[1] A súa reaparición supuxo un motivo de celebración para os afeccionados á tauromaquia, que enchen a prazas nas que en contadas ocasións actúa.

En 2010 recibiu unha cornada que lle atravesou a vea femoral e a arteria ilíaca, causándolle unha hemorraxia que precisou de sete litros de sangue.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]