José Toba Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Toba Fernández
 Muxía
Falecemento5 de setembro de 1963
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre, pedagogo e político
editar datos en Wikidata ]

José Toba Fernández, nado en Muxía e finado na Coruña o 5 de setembro de 1963,[1] foi un mestre e pedagogo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi mestre interino en Merexo e despois titular de Sillobre. Foi profesor de Pedagoxía na Escola Normal de Santiago de Compostela e profesor da Escola de prácticas anexa á Normal. Publicou en 1927 unha colaboración na revista Alborada de Buenos Aires e en 1935 o ensaio Problemas que nos plantea la escuela y el niño de Galicia.[2] Militante galeguista, co triunfo do Frente Popular en febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Santiago de Compostela. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sufriu depuración e foi sancionado coa separación definitiva en 1937. Reingresou posteriormente no Maxisterio e foi director do Grupo Escolar Concepción Arenal da Coruña. Tamén foi armador do pesqueiro Aguete.[3] Finou na Coruña con 58 anos.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Sofía Pérez Sobral.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 7-9-1963, p. 14.
  2. Encarte publicado no interior do número 8 do Boletín de Vanguardia Pedagógica
  3. La Voz de Galicia, 8-9-1963, p. 19.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]