José Solchaga Zala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Solchaga Zala
José Solchaga.jpg
Nome completoJosé Solchaga Zala
Nacemento8 de outubro de 1881 e 1881
Lugar de nacementoAberin
Falecemento1953
Lugar de falecementoDonostia
NacionalidadeEspaña
Alma máterAcademia de Infantería de Toledo
Ocupaciónmilitar e político
PremiosGran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Medalla de outo de Valladolid, sen etiquetar, Gran Cruz del Mérito Militar con distintivo blanco, Gran Cruz del Mérito Militar con distintivo blanco e Gran Cruz de la Orden de San Hermenegildo
editar datos en Wikidata ]

José Solchaga Zala, nado en Muniain de la Solana en 1881 e finado en Donostia en 1953, foi un militar navarro, coñecido polo seu grao no exército como Xeneral Solchaga. Participou no alzamento nacional contra a Segunda República que levou á Guerra Civil.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De familia militar, católica e carlista. Ingresou na Academia de Infantería de Toledo no 1896 con quince anos e graduouse en 1899. Foi destinado como capitán á Guerra do Rif, participando nas operacións militares de Melilla, Larache e Tetuán, o que levou a o seu ascenso por méritos de guerra a comandante. Estivo en África até o 1914.

En 1920 ascende a tenente coronel e foi destinado a Donostia. Sendo coronel, en 1921, foi destinado a Pamplona. Durante a Revolución de 1934 mandou unha das tres columnas que participaron na toma de Asturias.

En setembro de 1943, sendo tenente xeneral, foi un dos asinantes da petición de restauración da monárquica dirixida a Francisco Franco. Posteriormente foi capitán xeneral da VI rexión militar (sede en Valladolid) e en 1945 da IV rexión militar (sede en Barcelona). Catro anos despois pasou á reserva até a súa morte en 1953.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]