José Rodríguez Vázquez (político)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1904 valor descoñecido |
Morte | decembro de 1965 (60/61 anos) Calo, España |
Alcalde de Teo | |
1936 – 1936 ← Manuel Viño Gallego – Gabriel Varela Crego → | |
Datos persoais | |
Outros nomes | Vázquez de Calo Vázquez da Xesta |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Familia | |
Fillos | Gonzalo Rodríguez Mourullo |
José Rodríguez Vázquez, coñecido como Vázquez de Calo e Vázquez da Xesta, nado en 1904 e finado en Calo en decembro de 1965,[1] foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre. Representante dos obreiros de Teo nas folgas de 1931-1932. Membro do Partido Galeguista desde 1932. Foi nomeado alcalde de Teo o 16 de marzo de 1936 e permaneceu no cargo ata a golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Foi detido e condenado a cadea perpetua. Foi multado con 500 pesetas pola Comandancia Militar de Santiago de Compostela en setembro de 1937 por "manifesta desafección ao Movemento Nacional con motivo dun acto patriótico celebrado en Calo".[2] Conmutada a pena, ao saír da prisión exiliouse na Arxentina despois de pasar por Portugal. Na Arxentina estivo vencellado a Manuel Puente, traballou para o Consello de Galiza e colaborou en A Nosa Terra, El Orensano e Opinión Gallega.[3] Retornou a Galicia en 1947.
Predecesor: Manuel Viño Gallego |
Alcalde de Teo 1936 |
Sucesor: Gabriel Varela Crego |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Adelina Mourullo Otero e foi pai de Gonzalo Rodríguez Mourullo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 11-12-1965, p. 16.
- ↑ El Eco de Santiago, 17-9-1937, p. 2.
- ↑ Os exilios ibéricos: Unha Ollada comparada. Nos 70 anos da fundación do Consello de Galiza
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Domínguez Alamansa, Andrés (1997). "O papel da emigración na transformación da sociedade rural galega: Asociacionismo agrario e poder local no concello de Teo. 1900-1936". En Universidade de Santiago de Compostela. Poder local, elites e cambio social na Galicia non urbana (1874-1936). Santiago de Compostela. pp. 467–493. ISBN 84-8121-665-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Represión Franquista en Teo" Miguel Paz Cabo in Congreso Víctimas franquismo.
- Relación Alcaldes Concello de Teo