José Manuel Vázquez Yebra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Manuel Vázquez Yebra
Biografía
Nacemento1928 Editar o valor em Wikidata
Morte29 de maio de 2021 Editar o valor em Wikidata (92/93 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Chantada
1958 – 1964
← Joaquín Yebra-Pimentel VidalJosé Regal Vázquez → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsSergio Vázquez Yebra Editar o valor em Wikidata

José Manuel Vázquez Yebra, nado en 1928 e finado en Vigo o 30 de maio de 2021, foi un avogado e político que chegou a ser alcalde de Chantada.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi nomeado alcalde de Chantada o 2 de febreiro de 1958. Cesou o 2 de marzo de 1964. Durante o seu mandato na alcaldía inaugurouse o encoro de Belesar e contruíuse o campo de fútbol do Sangoñedo. Casado con Amadora de Soto Rodríguez, neta do banqueiro Benito de Soto Linares, foi secretario do consello de administración do Banco de Soto tralo seu paso pola alcaldía. Logo da fusión desta entidade co Banco de Vigo para constituír o Banco de Galicia, foi xefe da súa asesoría xurídica ata a súa xubilación.

Tamén foi directivo do Círculo Recreativo Cultural de Chantada.


Predecesor:
Joaquín Yebra-Pimentel Vidal
 
Alcalde de Chantada
 
1958 - 1964
Sucesor:
José Regal Vázquez

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Amadora de Soto Rodríguez en 1957 e tivo sete fillos.

O seu irmán máis novo, Sergio Vázquez Yebra, tamén foi alcalde de Chantada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]