Fielato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fielato era o nome popular que recibían as casetas de cobro dos arbitrios e taxas municipais sobre o tráfico de mercancías, aínda que o seu nome oficial era o de estación sanitaria, xa que á parte da súa función recadatoria servían para exercer un certo control sanitario sobre os alimentos que entraban nas cidades. O termo fielato procede do fiel ou balanza que se usaba para a pesada.

No Dicionario da Administración Española de Marcelo Martínez Alcubilla no apartado referente á contribución de consumos, recóllense unha serie de artigos para o correcto funcionamento dos fielatos:

  • Art. 37. Os fielatos serán abertos á saída do sol e pechados á posta do mesmo.
  • Art. 41. Os fielatos centrais recoñecerán e gravarán as especies que concorran a eles ao tempo de entrar e saír dos mesmos.
  • Art. 42: Onde non existan fielatos exteriores deberán establecerse un ou máis interiores segundo esíxano as conveniencias do servizo.
  • Art. 45: Onde só existan fielatos interiores, a circulación de especies para dirixirse a eles, só poderá verificarse polas rúas designadas para o efecto con marcas ou rótulos visibles.

Actualmente os fielatos foron substituídos por outros mecanismos cos que o Estado pode controlar a fiscalidade e a sanidade dos alimentos.

Outros usos[editar | editar a fonte]

O xogador do Athletic de Bilbao, Koldo Aguirre, era coñecido polo sobrenome de O Fielato.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • BELDA GONZÁLEZ, Rafael: Los arbitrios municipales en la Cartagena de mediados del siglo XIX. Revista Murciana de Antropoloxía. Nº 15, 2008, Páxs. 533-539. (en castelán)
  • CANGA-ARGÜELLES, José de: Diccionario de Hacienda. Atlas, Madrid, 1968.(en castelán)
  • Índice alfabético das mercancías suxeitas ao pago dos arbitrios municipais. Cartagena, 1955.(en castelán)
  • MARTÍNEZ ALCUBILLA, Marcelo: Diccionario de la Administración Española. Tomo primeiro, Madrid, 1886.(en castelán)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]