José Quintas da Vila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Quintas da Vila
Biografía
Nacementonovembro de 1873 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de febreiro de 1957 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsAlfonso Quintas da Vila Editar o valor em Wikidata

José Quintas da Vila,[1] nado en Vigo en novembro de 1873 e finado na mesma cidade o 27 de febreiro de 1957, foi un agrarista e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Irmán de Alfonso Quintas da Vila. Republicano, dirixiu os periódicos El Radical, La Defensa e El Campesino, órgano das sociedades agrícolas do distrito de Lavadores; foi redactor de La Lucha e colaborou en La Justicia. Foi presidente da sociedade viguesa La Oliva en varias ocasións.[2][3] Participou nos mitins agraristas en 1912.[4] Elixido presidente da Agrupación Republicana de Vigo para 1914,[5] foi presidente da Federación Agraria do distrito de Vigo. Foi proclamado candidato a deputado provincial polos agraristas en 1917,[6] e presidiu o Congreso Agrario Provincial celebrado en Lavadores en 1918.[7] Na República foi concelleiro de Vigo na corporación que presidiu Manuel Hidalgo Rodríguez.[8] Foi oficial maior da Cámara da Propiedade Urbana da comarca de Vigo. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e pasou un tempo na cadea. Finou en Vigo o 27 de febreiro de 1957.[9][10]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Ignacia Pérez Piorno en 1923.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nalgunhas fontes aparece como José Quintas Davila
  2. La Voz de Galicia, 13-8-1910, p. 2.
  3. El Tea, 3-2-1919, p. 1.
  4. El Tea, 9-11-1912, p. 2.
  5. El Progreso, 31-12-1913, p. 2.
  6. El Tea, 2-3-1917, p. 2.
  7. El Tea, 3-10-1918, p. 2.
  8. El Pueblo Gallego, 11-1-1936, p. 4.
  9. Faro de Vigo, 28-2-1957, p. 3.
  10. El Pueblo Gallego, 1-3-1957, p. 2.
  11. Galicia, 10-4-1923, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]