Alfonso Quintas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Alfonso Quintas da Vila»)
Infotaula de personaAlfonso Quintas
Biografía
Nacemento23 de xaneiro de 1883 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Mortenovembro de 1929 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , xornalista Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosDaniel Quintas Calvo Editar o valor em Wikidata
IrmánsJosé Quintas da Vila Editar o valor em Wikidata

Alfonso Quintas da Vila, nado en Vigo o 23 de xaneiro de 1883 e finado no mesmo concello en novembro de 1929, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Irmán de José Quintas da Vila. Foi presidente da Juventud Republicana de Vigo (1904). Pertenceu á directiva da Sociedade La Oliva, e foi secretario da comisión organizadora dos Juegos florales de 1904 promovidos por esta entidade. Dirixiu o periódico El Pueblo. Foi elixido concelleiro de Vigo nas eleccións municipais de 1913, adscribíndose ao grupo republicano. Con motivo da folga xeral de 1917 foi detido en agosto con Waldo Gil e Juan Carón, e foron postos en liberdade en setembro.[1] Foi interventor e despois director xerente do Banco de Vigo.[2] Finou en Vigo aos 47 anos de tuberculose pulmonar en novembro de 1929.[3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Andrea Calvo Vázquez en 1917 e foi pai de Daniel Quintas Calvo.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Correo de Galicia, 24-9-1917, p. 2.
  2. El Progreso, 27-11-1929, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 26-11-1929, p. 2.
  4. El Diario de Pontevedra, 5-2-1917, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. ISBN 978-84-8457-448-4.