El Campesino (1900)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El Campesino.
El Campesino foi un semanario publicado en Lavadores entre 1900 e 1909.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Apareceu o 21 de outubro de 1900. Era o órgano das sociedades agrícolas do distrito de Lavadores. Estaba dirixido por José Quintas Davila. Periódico semanal, aparecía os domingos, e dende o 14 de decembro os sábados. Defendíanse os principios agraristas e anticaciquís, en oposición aos seguidores do marqués de Riestra.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Álvarez Blázquez, José Mª (1980). "La prensa periódica viguesa en el siglo XIX". Vigo en su historia (en castelán). Caja de Ahorros Municipal de Vigo. p. 561. ISBN 84-7231-494-4.
- Cabo Villaverde, Miguel (2003). Prensa agraria en Galicia. Ourense: Duen de Bux. p. 114. ISBN 84-932078-3-7.
- Vázquez Gil, Lalo (1999). "“El campesino”, órgano do Sindicato de Agricultores de Teis. Un xornal comprometido animoso e valente" (PDF). Boletín del Instituto de Estudios Vigueses 5 (5): 85 –102.