Saltar ao contido

Manuel Hidalgo Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Hidalgo Rodríguez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte15 de outubro de 1962 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Vigo
1936 – 1936
← Ángel Campos VarelaEmilio Martínez Garrido → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Manuel Hidalgo Rodríguez, finado en Vigo o 15 de outubro de 1962,[1] foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Afiliado ao Partido Republicano de Vigo, foi un dos candidatos elixidos na antevotación do 1 de abril para presentarse a concelleiro de Vigo. Nas eleccións do 12 de abril de 1931 foi proclamado concelleiro polo distrito 4º. En xullo de 1931 foi elixido presidente do Partido Republicano Vigués. Integrouse no Partido Radical. Logo da folga xeral revolucionaria de 1934 presentou a súa dimisión como concelleiro pero non lle foi aceptada. Enfrontado co alcalde Emilio Salgado Urtiaga finalmente dimitiu o 8 de marzo de 1935. Reposto no cargo a principios de 1936, o 8 de xaneiro foi elixido alcalde de Vigo,[2] permanecendo no cargo até as eleccións de febreiro de 1936.


Predecesor:
Ángel Campos Varela
 
Alcalde de Vigo
 
1936
Sucesor:
Emilio Martínez Garrido

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Pilar Caufapé Llena, que finou en Barcelona en 1942,[3] e foi pai de María del Pilar Hidalgo Caufapé.

  1. La Voz de Galicia, 23-10-1962, p. 6.
  2. "Tomó posesión la nueva Corporación, nombrando alcalde por mayoría a D. Manuel Hidalgo Rodríguez" en El Pueblo Gallego, 9-1-1936, p. 2.
  3. La Voz de Galicia, 10-6-1942, p. 3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]